Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  Manuel Baltar apostará pola formación dos cargos institucionais e de partido “para que presten o mellor servizo os cidadáns”

Imprimir ppou - 13-Septembro-2021 - 22:22:47 


• Na súa visita Ribadavia e O Carballiño con motivo da campaña á presidencia do PP ourensán, o candidato afirmou que “somos un partido esponxa”, sinalando así outra das súas propostas para un novo mandato, como a creación dun foro de debate popular coa participación de expertos “que enriquezan o noso proxecto político”

13, setembro, 2021.

  
  
O candidato á reelección como presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, destacou a importancia da preparación dos cargos institucionais e de partido “porque tanto a política actual como a futura pasan necesariamente pola formación, que é a que xera ideas e axuda a prestar o mellor servizo aos cidadáns”. En Ribadavia e O Carballiño, onde hoxe continuou coa súa campaña “Baltar escoita”, o candidato detallou a súa proposta de formación mediante o impulso á Escola Roberto Padilla, que honra ao destacado militante popular e profesional do mundo da educación.

“Pero a formación non só é básica para a actualización dos nosos cadros políticos”, dixo, facendo extensiva a súa proposta “a todos os afiliados e simpatizantes, que coa oportuna preparación e coñecementos son quen de facer achegas que recollan o sentir da sociedade”.

Neste contexto, Baltar lembrou outra das súas propostas para un novo mandato á fronte do PP, subliñando que tamén proporá “a creación dun foro de debate popular ao que invitaremos a expertos nas máis distintas materias que enriquezan o noso proxecto político, como partido esponxa que somos”.
 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: