Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
congreso
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Manuel Baltar creará un consello comarcal para ter “unha foto exacta do momento en cada territorio da provincia”

Imprimir ppou - 08-Septembro-2021 - 18:44:52 

  
  

• No Barco e na Rúa apostou por unha nova dinámica para unha formación que non só traballa en eleccións, polo que tamén anunciou que o comité de campaña será permanente para “dar solucións inmediatas tanto ao propio partido como incorporar as novas esixencia da sociedade”

8, setembro, 2021.

“Para dar unha axeitada resposta ás necesidades da veciñanza é imprescindible ter unha foto exacta do momento en cada territorio da provincia”, afirmou hoxe o candidato á reelección da presidencia do PP de Ourense, Manuel Baltar, explicando así a súa proposta de creación dun consello comarcal que, a través de reunións periódicas, “nos permita coñecer esa realidade máis actual”.

No Barco e na Rúa, onde o candidato proseguiu a súa campaña para o 18º Congreso Provincial, Baltar explicou que a súa iniciativa ten como punto de partida unha innovadora experiencia realizada en marzo de 2019, con vistas ás eleccións locais de maio, “onde xuntamos a todos os candidatos do PP ás alcaldías para que, distribuídos por comarcas, fixeran as súas achegas cunha visión que ía máis aló do ámbito estritamente local”.

Unha nova dinámica de traballo, engadiu, “que vai na liña da filosofía da nosa formación, que non só traballa durante os quince días de campaña electoral, senón durante todo o ano”. Por iso, anunciou tamén, “o comité de campaña pasará a ter carácter permanente co obxectivo de dar solucións inmediatas tanto ao propio partido como incorporar as novas esixencia da sociedade”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: