Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
congreso
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 A deputada Ana Vázquez reclama un modelo policial do século XXI e máis medios na provincia de Ourense

Imprimir ppou - 08-Septembro-2021 - 10:23:55 


• Tras unha reunión coa Asociación Profesional de Gardas Civís, a representante popular no Congreso comprometeuse a trasladar ao Ministerio de Interior as demandas de equipamento, material móbil e recursos humanos na Comandancia de Ourense 

8, setembro, 2021.

A deputada do Partido Popular pola provincia de Ourense, Ana Vázquez, trasladará ao Ministerio de Interior as demandas de equipamento, material móbil e recursos humanos que lle foron presentadas polos responsables da Asociación Profesional de Gardas Civís, no transcurso dunha reunión mantida na sede provincial do PP e na que a representante ourensá comprometeuse a traballar “para conseguir que teñamos un modelo policial do século XXI”.

  
  
As administracións locais, dixo Vázquez, “están a demandar máis seguridade para a súa veciñanza, máxime cando non contan con policía local propia, o que fai que nestes momentos, por exemplo, non poidan vixiar con todas as garantías o  cumprimento das restricións impostas polas autoridades para a loita contra o coronavirus”. Nesta liña, insistiu na urxente necesidade de crear en Ourense unha unidade de seguridade cidadá (USECIC) “pois cómpre lembrar que xunto con Lugo somos as dúas únicas provincias de España que non contan con esta unidade”.

No encontro, o presidente nacional da Asociación Profesional de Gardas Civís, Guillermo Freire, denunciou o importante déficit de chalecos de protección para os efectivos da Comandancia de Ourense que só alcanza ao 45,5 % do persoal, pois só hai chalecos dispoñibles para 405 axentes, dun total de 890.

Tamén se puxo de manifesto a precariedade do medios móbiles. Segundo os datos da asociación, desde 2018 déronse de baixa 74 vehículos e só se adquiriron 35, o que supón un déficit de 39 vehículos. Ademais, dun total de 260 vehículos que hai na comandancia ourensá, 14 tiveron unha ITV desfavorable e 64 contan con máis de 15 anos de antigüidade ou máis de 300.000 quilómetros.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: