Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar pide o recoñecemento aos concelleiros e concelleiras como “os activos máis importantes do partido”

Imprimir ppou - 03-Septembro-2021 - 21:48:42 

  

 Nas xuntanzas con compromisarios e cargos de Bande e Celanova, o candidato á reelección como presidente do PP comprometeuse a celebrar unha convención anual municipal “que sirva para poñer de relevo aos máis de 400 homes e mulleres populares que cada día traballan nos 92 concellos para dar o mellor servizo aos cidadáns”

  
  
3, setembro, 2021.

“A verdadeira escola da política está no municipalismo, onde os nosos representantes públicos teñen un contacto directo coa veciñanza e procuran con gran esforzo e traballo as solucións que demandan as persoas”, afirmou hoxe o candidato á reelección da presidencia do PP, Manuel Baltar, reclamando deste xeito “o merecido recoñecemento aos concelleiros e concelleiras populares, estean no goberno ou na oposición, como os activos máis importantes do partido”.

Durante os encontros que mantivo con cargos locais da formación e compromisarios das comarcas de Bande e Celanova, Baltar comprometeuse a celebrar unha convención anual municipal “que sirva para poñer de relevo aos máis de 400 homes e mulleres do PP que cada día traballan nos 92 concellos da provincia para dar o mellor servizo aos cidadáns”.

Co seu labor, “os nosos representantes locais constrúen día a día os piares dun partido coa maior implantación territorial da provincia e danlle a forza necesaria para conseguir os mellores resultados electorais”, engadiu o candidato. Así, a proposta de celebrar unha convención anual municipal “permitiranos darlles máis visibilidade, xerar equipo, fomentar a comunicación, intercambiar experiencias e reforzar os nosos principios”, subliñou.  


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: