Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de A Mezquita contará con representantes de todos os núcleos de poboación

Imprimir ppou - 02-Maio-2011 - 17:47:13 

A candidatura do Partido Popular de A Mezquita, liderada polo economista Roberto Diéguez, de 37 anos, márcase como obxectivo recuperar a Alcaldía para o PP contando para elo con toda a cidadanía e dándolle protagonismo a todos os núcleos de poboación do municipio. Desta maneira, Roberto Diéguez, terá no seu equipo a representantes de todos os pobos, para levar a cabo un ambicioso programa de goberno para os vindeiros catro anos, que contará co apoio da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia. O acto de presentación da candidatura contou coa presenza do presidente provincial do PP, Manuel Baltar, quen animou ao Roberto Diéguez e ao seu equipo "a representar con responsabilidade as siglas do PP nun contexto político no que os proxectos socialista e nacionalista éstán esgotados". Pola súa banda, Diéguez afirmou que "o programa que imos poñer en marcha a partires do 23 de maio é unha suma de proxectos e realidades que A Mezquita e a súa contorna necesitan para encarar o progreso da nosa comarca", engadindo que A Mezquita "necesita un goberno Popular como o da Deputación de Ourense e o da Xunta de Galicia".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: