Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Rosendo Fernández fixa como prioridade a colaboración coa Universidade

Imprimir ppou - 02-Maio-2011 - 15:38:41 

O Salón de Graos do Edificio de Ferro acolleu esta mañá un novo Encontro Sectorial organizado polo Partido Popular de Ourense. Estas iniciativas, que se levan desenvolvendo na cidade dende hai varios meses, tratan de analizar a situación ourensá dende diferentes perspectivas.
O Encontro Sectorial de hoxe estivo adicado á Universidade, e nel díronse cita destacados membros desta institución. O candidato á Alcaldía de Ourense polo Partido Popular, Rosendo Fernández, foi o encargado de presidir o encontro, no que tamén participaron medio centenar de persoas, entre outros, o catedrático e director da UNED en Ourense, Jesús de Juana, e representantes de diferentes facultades coma Historia, Dereito ou Turismo, entre outras. Tamén asistiron os concelleiros e membros da candidatura Mónica Mourelo, Belén Iglesias e José Araújo.
Rosendo Fernández amosou a súa inequívoca vontade de manter unha comunicación e apoio constante cara á Universidade dende o Concello. Explicou que o Encontro Sectorial non estaba deseñado para falar de organización ou titulacións, materias que lle competen ao Campus. Sí que deixou claro Rosendo Fernández que cuestións coma a colaboración entre institucións e a integración do Campus na cidade son unha prioridade no seu proxecto de goberno.
De feito, destacou a importancia de compromisos como que os estudos e informes xurídicos, empresariais, turísticos ou mesmo patrimoniais que precise o Concello sexan propostos dende a Universidade, do mesmo xeito que sinalou a necesidade de que a Administración Local colabore activamente na difusión e publicidade de tódolos aqueles estudos e traballos que xurdan no seo da Universidade e do Campus de Ourense. Rosendo Fernández concluiu sinalando a necesidade de que o Concello se amose sempre receptivo ás propostas da Universidade, activando así unha importante liña de colaboración imprescindible para o desenvolvemento da cidade e potenciación dos seus recursos.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: