Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
congreso
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Manuel Baltar anuncia a súa precandidatura á reelección como presidente do PP de Ourense para o Congreso Provincial que se celebrará o 26 de setembro

Imprimir ppou - 19-Xullo-2021 - 22:05:31 


• “Póñome a disposición de todos vos por cuarta vez para seguir facendo do PP a forza política máis importante da historia de Ourense”, dixo o xa presidente en funcións na xunta directiva celebrada esta tarde en Laias, onde agradeceu o apoio recibido ata agora por todos os afiliados, cargos institucionais e alcaldes, que quedou referendado ao remate da reunión ao conseguir o aval unánime de todos os membros da xunta directiva á súa precandidatura.

19, xullo, 2019.

Manuel Baltar anunciou hoxe que se presentará á reelección como presidente do Partido Popular de Ourense no 18º Congreso Provincial que se celebrará na capital ourensá o domingo 26 de setembro. “Póñome a disposición de todos vos por cuarta vez para seguir facendo do PP a forza política máis importante da historia de Ourense”, dixo Baltar na xunta directiva celebrada esta tarde en Laias, onde agradeceu o apoio recibido ata agora por todos os afiliados, cargos institucionais e alcaldes, que quedou referendado ao remate da reunión ao conseguir o aval unánime de todos os membros da xunta directiva á súa precandidatura. 

  
  
Tras convocar o próximo congreso provincial e xa como presidente en funcións, Manuel Baltar lembrou as palabras que pronunciou no congreso do PPdeG desta pasada fin de semana, afirmando que “comeza unha nova etapa, na que queda moito por facer e quizais no mellor momento demostrar que primeiro pensamos no territorio e despois no partido, que non só ten o liderado provincial, senón tamén autonómico e nacional como reflicten os nosos resultados electorais e nos que todos tendes moitísimo que ver”.

Once anos e seis despois da súa chegada á presidencia do PP de Ourense, “non só teño máis experiencia, preparación e ganas; tamén teño ilusión, como se fose o primeiro día, para contribuír a que a nosa formación política siga crecendo, como así o fixemos en todos estes anos nun proceso de cambio constante que nos levou á renovación dun 73 % de cargos, reforzando así o partido por ampliación de persoas comprometidas co difícil obxectivo de facer do PP unha forza hexemónica”.

Na xunta directiva desta tarde déronse os primeiros pasos para 18º Congreso Provincial do PP de Ourense do 26 de setembro, no que de xeito automático e para axilizar os trámites xa quedaron inscritos todos os afiliados que decidiron participar no proceso congresual do PPdeG.
  
  
A comisión organizadora estará presidida por Jackeline Fernández, sendo o vicepresidente José Manuel Gil Carballo, e secretaria Ana Fernández Morenza. Como vogais actuarán Milagros Pérez Currás e Ana María Moreiras.

Coa participación de 934 compromisarios, o congreso popular ourensán incluirá dous relatorios. Un primeiro titulado Ourense século XXI: potencialidades e servizos públicos, no que traballarán César Fernández, Ana Vázquez y Carmen Leyte, e un segundo sobre Os concellos de Ourense, protagonistas do futuro da provincia, con Melisa Macía, Álvaro José Fernández e Ricardo González como relatores.

Todos os afiliados que desexen participar no congreso terán toda a información ao seu alcance, ademais de poder formalizar a súa inscrición online na web congreso.ppou.es


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: