Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os senadores do PP de Ourense instan ao Goberno de España a explicar os criterios para optar aos fondos Next Generation e demandan que a circunvalación norte poida acceder a estes fondos

Imprimir ppou - 30-Abril-2021 - 16:40:34 


• Os representantes populares ourensáns na Cámara Alta argumentan que un proxecto como a circunvalación norte de Ourense sería idóneo para optar aos fondos europeos, do mesmo xeito que optará a avenida Alfonso Molina da Coruña. 

• “A día de hoxe non sabemos se sucede o mesmo coa construción da circunvalación de Ourense, máis concretamente do tramo Eirasvedras-Quintela da variante norte de Ourense (A-56), cuxa petición foi trasladada en reiteradas ocasións ante o Ministerio de Transportes, Mobilidade a Axenda Urbana por parte da Xunta de Galicia”, explica o senador Jesús Vázquez.

• A circunvalación norte supón un dos grandes proxectos estratéxicos da cidade de Ourense, incluída nunha zona da capital, -o barrio da Ponte-, na que se desenvolve un District Heating -Ecobarrio-, plan de enorme magnitude e que, á súa vez, posibilitará o futuro bulevar termal da cidade e permitirá o desenvolvemento turístico e económico dunha cidade que ten posta toda a esperanza no ámbito termal.

• Os senadores reclaman saber se estará incluída a construción da circunvalación norte dentro do grupo de proxectos que poden optar aos fondos  Next  Generation, “na medida en que son fondos encamiñados ao desenvolvemento do noso país e esta infraestrutura conforma un gran proxecto tendente ao pulo económico e estratéxico de Ourense”, conclúe Jesús Vázquez

1 de maio de 2021.-

Os senadores populares veñen de preguntar ao Goberno de Pedro Sánchez sobre os criterios para determinar que obras e proxectos poden optar aos fondos Next Generation, argumentando ademáis que un proxecto como a circunvalación norte de Ourense (que desde que Pedro Sánchez está no Goberno non se moveu en absoluto, pese a que o Executivo de Mariano Rajoy deixara lista a tramitación para a súa licitación) sería idóneo para optar a estes fondos, do mesmo xeito que optará a avenida Alfonso Molina da Coruña.

Tal e como explica o senador ourensán Jesús Vázquez, onte xoves (29 de abril) deuse a coñecer por parte do delegado do Goberno en Galicia que a reforma da avenida Alfonso Molina, na Coruña, optará aos fondos Next Generation para axilizar a súa tramitación. “A día de hoxe non sabemos se sucede o mesmo coa construción da circunvalación norte de Ourense, máis concretamente a construción da “Variante de Ourense, tramo Eirasvedras-Quintela da Variante Norte de Ourense (A-56)”, cuxa petición foi trasladada en reiteradas ocasións ante o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana por parte da Xunta de Galicia”.

O PP vén reclamando esta obra desde hai máis de 20 anos, “e é un feito que desde 2018 está preparada para a súa licitación, cun compromiso firme do que fose ministro de Fomento naquela etapa, Íñigo da Serna, sen que se dera ningún paso neste sentido ata o momento”. Ademais, dixo Vázquez, a circunvalación norte supón un dos grandes proxectos estratéxicos da cidade de Ourense, incluída nunha zona da capital, -o barrio da Ponte-, na que se desenvolve un District Heating -Ecobarrio-, plan de enorme magnitude e que, á súa vez, posibilitará o futuro bulevar termal da cidade e permitirá o desenvolvemento turístico e económico dunha cidade que ten posta toda a esperanza no ámbito termal.

Por elo, os senadores ourensáns reclaman saber se estará incluída a construción da circunvalación norte de Ourense, tramo Eirasvedras-Quintela, dentro do grupo de proxectos que poden optar aos fondos  Next  Generation e reclaman que, se non está contemplado, se inclúa este proxecto “na medida en que son fondos encamiñados ao desenvolvemento do noso país e esta infraestrutura conforma un gran proxecto tendente ao desenvolvemento económico e estratéxico da cidade de Ourense”, conclúe Jesús Vázquez.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: