Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP insta ao PSOE a respostar claramente á única cuestión que é fundamental: Queren un goberno de coalición co PP en Ourense, encabezado por un alcalde ou alcaldesa socialista?

Imprimir ppou - 28-Abril-2021 - 17:23:12 


• O presidente local dos populares na cidade, Jesús Vázquez, lembra que esta foi a proposta que puxo o PP enriba da mesa hai seis meses, “e a mesma que deixamos por escrito hai dous días. Pero por alguna razón, ao PSOE non lle interesa falar delo e desvían o tema constante e conscientemente”

• Jesús Vázquez lembra que “hai 48 horas que lle transmitimos ao PSOE esa proposta tan concreta, e aínda non temos resposta, aínda que é moi sinxelo de respostar, cun simple SÍ ou NON: Queren no Partido Socialista de Galicia un goberno de coalición co PP de Ourense, encabezado por un alcalde ou alcaldesa socialista?”

• “Obviar que só mediante unha coalición dos dous principais partidos políticos se pode garantir a estabilidade na gobernabilidade de Ourense é a estratexia do PSOE centrar a atención en algo que saben que nunca vai a suceder: o PP nunca lles vai regalar un voto para que gobernen en minoría, porque o que precisa a cidade neste momento é un goberno estable, de maioría e solvente”

27 de abril de 2021.-

Os populares da cidade de Ourense reclaman aos socialistas “que falen claro e digan se aceptan unha coalición co PP que lle dé estabilidade a Ourense”. Así, o PP insta ao PSOE a respostar claramente á única cuestión que é fundamental nestes intres para iniciar as conversas: Queren no PSdeG-PSOE un goberno de coalición co PP en Ourense, encabezado por un alcalde ou alcaldesa socialista?

O presidente local dos populares na cidade, Jesús Vázquez, lembra que esta foi a proposta que puxo o PP enriba da mesa hai seis meses, “e a mesma que deixamos por escrito hai dous días. Pero por alguna razón, ao PSOE non lle interesa falar delo e desvían o tema constante e conscientemente”.

Jesús Vázquez lembra que “hai 48 horas que lle transmitimos ao PSOE esa proposta tan concreta, e aínda non temos resposta, aínda que é moi sinxelo de respostar, cun simple SÍ ou NON: Queren no Partido Socialista de Galicia un goberno de coalición co PP de Ourense, encabezado por un alcalde ou alcaldesa socialista?”.

“Obviar que só mediante unha coalición dos dous principais partidos políticos se pode garantir a estabilidade na gobernabilidade de Ourense é a estratexia do PSOE centrar a atención en algo que saben que nunca vai a suceder: o PP nunca lles vai regalar un voto para que gobernen en minoría, porque o que precisa a cidade neste momento é un goberno estable, de maioría e solvente”.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: