Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os senadores do PP cualifican de “fracaso” a xestión do ingreso mínimo vital realizada polo Goberno

Imprimir ppou - 26-Abril-2021 - 10:52:39 


• Na actualidade, o total de solicitudes rexistradas é de 6.114, das que se denegaron 2.730 e aprobáronse 1.370 

• “Isto significa que o número de peticións denegadas mantense por encima do 65 % e que as aprobadas só representan o 22,41 % das presentadas, mentres preto de 2.000 familias ourensás aínda agardan por unha resposta”, denunciou Jesús Vázquez

26, abril, 2019.

“A xestión do ingreso mínimo vital por parte do Goberno é un fracaso e unha mostra de insensibilidade cara ás familias máis necesitadas, que no caso de Ourense están a ver como se denegan a meirande parte das súas solicitudes, das que preto de 2.000 aínda están pendentes de resposta”. Así o denunciou o senador popular Jesús Vázquez logo de recibir os últimos datos facilitados polo Executivo sobre a tramitación destas axudas, en resposta a unha interpelación realizada xunto aos seus compañeiros ourensáns, Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco José Fernández.

Vázquez criticou que “case un ano despois de anunciar a bombo e prato esta medida, os obxectivos que se marcou o goberno non se están a cumprir”, engadindo que “segundo un informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef) o gasto previsto neste ano para esta prestación só alcanzará o 50 % do obxectivo proposto polo Ministerio de Seguridade Social”.

O senador popular destacou que “pouco ou case nada adiantouse na xestión das axudas desde os últimos datos facilitados a principios de febreiro e requiridos no seu momento polos deputados ourensáns no Congreso”. Daquela, na provincia de Ourense presentáranse 5.627 solicitudes, das que 2.444 foron denegadas e 1.179 aprobadas. “É dicir, que o Executivo denegou entón o 67,45 % das peticións tramitadas nun momento de gran vulnerabilidade  económica e social”.

Na actualidade e segundo a información facilitada aos senadores, o total de solicitudes rexistradas é de 6.114, das que se denegaron 2.730 e aprobáronse 1.370. “Isto significa que o número de peticións denegadas mantense por encima do 65 % e que as aprobadas só representan o 22,41 % das presentadas, mentres preto de 2.000 familias ourensás aínda agardan por unha resposta”, denunciou Jesús Vázquez

Vázquez advertiu que seguirán a esixir datos actualizados sobre a tramitación do ingreso mínimo vital para controlar a xestión do Goberno, “e que a sociedade coñeza a falta de compromiso sobre unha medida que a coalición entre socialistas e podemitas só utiliza como marketing, pero sobre a que non imos cansar de esixir medidas urxentes para axilizar a súa tramitación”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: