Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP esixe que se garanta un servizo público postal de calidade nas áreas rurais da provincia

Imprimir ppou - 20-Abril-2021 - 11:47:27 


• A iniciativa responde, explica o vicepresidente terceiro e portavoz do grupo popular, Plácido Álvarez, “á debilitación da estrutura postal nas zonas rurais, coa diminución de recursos e recortes de persoal”, con ata vinte postos de traballo menos en Ourense.

• “Non pode ser que desde o ámbito público esteamos a defender un rural con servizos dignos e de calidade e que unha entidade como Correos, tamén pública e de carácter universal polo seu ámbito de actuación, poña trabas ao desenvolvemento económico e social destas zonas”, critica o portavoz popular.

Ourense, 20 de abril de 2017.- O grupo provincial popular presentara ao pleno ordinario de abril unha moción na que esixe que se garanta o servizo público postal que presta Correos nas áreas rurais da provincia, onde contribúe á cohesión social, territorial e económica facilitando e dando acceso á veciñanza, ás empresas, ao comercio e ás administracións locais a un servizo de calidade e a prezos alcanzables. Unha iniciativa que responde, explica o vicepresidente terceiro e portavoz do grupo popular, Plácido Álvarez, “á debilitación da estrutura postal nas zonas rurais, coa diminución de recursos e recortes de persoal froito dunha xestión por parte da dirección de Correos que só obtén resultados económicos negativos”.

Os servizos postais están fortemente arraigados no rural e a súa prestación, segundo a lei, “debe atender ás condicións económicas e sociais do territorio e ás necesidades dos usuarios, de xeito especial polo que respecta aos puntos de acceso, á súa calidade e eficiencia, á igualdade de condicións respecto da poboación das grandes cidades, e sen discriminación algunha por razóns sociais ou xeográficas”, advirte Álvarez.

Na moción, o Partido Popular expresa a súa “profunda preocupación” pola situación deste servizo, onde só na provincia de Ourense Correos suprimiu vinte postos de traballo, cun recorte na contratación que deixa sen cubrir o emprego estrutural e calquera tipo de permiso ou licenza do persoal coa conseguinte redución na calidade, “e ademais sen ter informado nin consultado á Deputación de Ourense, malia que afecta gravemente ao traballo desta institución e aos intereses dos nosos concellos e da veciñanza á que nos debemos”.

“Non pode ser que desde o ámbito público esteamos a defender un rural con servizos dignos e de calidade e que unha entidade como Correos, tamén pública e de carácter universal polo seu ámbito de actuación, poña trabas ao desenvolvemento económico e social destas zonas”, critica o portavoz popular.

A iniciativa do PP inclúe sete puntos para a súa aprobación, que en síntese son:

1. Reforzar o financiamento do servizo público postal, claramente insuficiente na actualidade, no próximo Plan de Prestación a aprobar polo Consello de Ministros.
2. Incluír a Correos na repartición dos Fondos para a Recuperación, Transformación e  Resiliencia.
3. Actualización e mantemento das oficinas auxiliares e unidades de repartición existentes nas zonas rurais, básicas na reversión da España despoboada.
4. Lograr o maior achegamento aos cidadáns en condicións óptimas de accesibilidade marcadas pola Lei Postal e a Directiva Europea.
5. Garantir a cobertura dos postos de traballo estruturais necesarios, na actualidade insuficientes.
6. Instar o cumprimento dos parámetros de calidade determinados pola Lei Postal e o Regulamento que regula a prestación do Servizo Postal Universal, asegurando que todos os habitantes da provincia de Ourense reciban a súa correspondencia polo menos 5 días á semana.
7. Dar traslado deste acordo ao Goberno, grupos parlamentarios do Congreso, á Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, á Sociedade Estatal de Participacións Industriais, e aos ministerios de Transportes e Facenda.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: