Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “A palabra de Villarino non vale nada”

Imprimir ppou - 19-Abril-2021 - 13:52:28 


• O presidente do PP de Ourense defende “o máximo respecto polas decisións que tome calquera formación política, pero non nos fiamos de Rafael Rodríguez Villarino, pola súa tremenda falta de credibilidade”

19, abril, 2021.

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe, en relación ás declaracións do secretario provincial socialista, Rafael Rodríguez Villarino, de apartarse para facilitar unha moción de censura no Concello de Ourense, que “a palabra de Villarino non vale nada”, e anque eu defendo “o máximo respecto polas decisión que tome calquera formación política, non nos fiamos de Villarino pola súa tremenda falta de credibilidade”.

Baltar lembra o que xa lle dixera ao secretario de Organización do PSOE en Ourense, Juan Carlos Francisco Rivera: que se Villarino se apartaba “en 5 minutos teríamos en Ourense un goberno de coalición (PP-PSOE); valeríanos calquera dos 9 concelleiros menos Villarino. Iso foi hai máis de catro meses, e en todo este tempo Villarino seguiu dando exemplos da peor política”, afirma Manuel Baltar, destacando que este “é outro escenario, e proba diso é que hai días lle negaron a petición sobre dedicacións que solicitaban os concelleiros e concelleiras do PP no Concello de Ourense”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: