Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O Grupo Popular afirma que a entrega de títulos da concentración parcelaria de Cartelle será a principios de 2022

Imprimir ppou - 19-Abril-2021 - 13:48:02 


• Pasarase de 15.957 parcelas antigas a 3.422 fincas novas, nunha superficie de 1.114 hectáreas

Santiago, 15 de abril de 2021.-  O deputado do Grupo Popular José Antonio Armada afirmou hoxe no Parlamento galego que a Xunta de Galicia procederá á entrega dos títulos da concentración parcelaria de Cartelle en Ourense a principios do vindeiro ano 2022, unha vez se remate a revisión cartográfica este ano.

Armada explicou que a adaptación á normativa estatal obriga a unha revisión cartográfica previa á elaboración dos títulos, “o que provocou un retraso na totalidade dos procesos de concentración parcelaria a nivel xeral en todas as comunidades autónomas”. 

Na actualidade, as persoas titulares dos predios en Cartelle gozan de todos os dereitos e obrigas respecto das fincas de reemprazo atribuídas. Unicamente no caso de compravendas, permutas ou outros negocios xurídicos que requiran acreditación fehaciente da titularidade poden solicitar certificación da mesma, expedición que se tramita normalmente nun prazo non superior a cinco días.

A concentración parcelaria de Cartelle desenvólvese nunha superficie de 1.114 hectáreas, repartida entre 1.123 propietarios. Coa súa execución, pasarase de 15.957 parcelas a 3.422 fincas novas.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: