Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP cualifica de “farsa” o compromiso do exdelegado do Goberno en Galicia de presentar en Madrid o anteproxecto da estación de mercadorías de San Cibrao

Imprimir ppou - 13-Abril-2021 - 20:19:24 


• Javier Losada comprometérase en febreiro a trasladar a Transportes e Adif a proposta dos empresarios, eloxiando a iniciativa por encaixar coas prioridades do Goberno e recoñecendo que a nova terminal permitiría liberar 140.000 metros cadrados na zona de cargas da estación Empalme

• Na resposta a unha iniciativa dos senadores ourensáns de medidos de febreiro, o Goberno devolve a proposta aos empresarios dicindo que “en calquera caso, o promotor pode executar a súa propia terminal e solicitar a Adif a conexión á rede ferroviaria”

• O senador Jesús Vázquez denunciou que “o Goberno central e os seus representantes só están dispoñibles para a foto, pero de feitos nada en absoluto, e só saben dicir non a infraestruturas clave para a provincia”

14, abril, 2021.

O Partido Popular de Ourense cualifica de “farsa” o compromiso do exdelegado do Goberno en Galicia, o socialista Javier Losada, de presentar ante o Ministerio de Transportes e Adif o anteproxecto elaborado pola Asociación de Empresarios do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, para a construción dunha terminal ferroviaria de mercadorías na área empresarial máis extensa de Galicia e que aglutina o 90 % das cargas que se moven na provincia. “En Madrid nin coñecen esta proposta nin teñen previsión algunha para o mesmo”, denunciou o senador Jesús Vázquez logo de coñecer a resposta do Goberno a unha iniciativa de mediados de febreiro que tamén asinan o resto de representantes ourensáns na Cámara Alta.

O pasado 8 de febreiro, explica Jesús Vázquez, o presidente dos empresarios do polígono de San Cibrao, José Antonio Rodríguez, mantivo un encontro na Coruña co entón delegado do Goberno en Galicia, ao que presentou o anteproxecto da estación de mercadorías. Nunhas declaracións non só recollidas amplamente nos medios de comunicación, senón tamén nunha nota oficial que aínda hoxe permanece publicada na web do Ministerio de Política Territorial e Administración pública, “Javier Losada comprometeuse a trasladar a Transportes e Adif o documento, que segundo se di textualmente nesa nota oficial, <pon de sobre o papel o acordo alcanzado na visita que o delegado efectuou a esta área industrial de Ourense o pasado ano>”, sinala Vázquez.

Non so iso, xa que ademais “o exdelegado do Goberno eloxiou a aposta dos empresarios polo ferrocarril como un sistema de transporte máis eficiente e cunha iniciativa que encaixaba coas prioridades do Goberno”. E por riba, “recoñecía que a estación de mercadorías de San Cibrao permitiría liberar 140.000 metros cadrados na zona de cargas da estación Empalme”.

Con todo, transcorridos máis de dous meses daquel encontro, “nin o ministerio nin Adif teñen constancia de que se lles trasladara o anteproxecto e moito menos teñen previsión algunha acerca do mesmo”, segundo consta na resposta escrita que formulamos hai máis de dous meses e que aínda acabamos de recibir, afirmou Jesús Vázquez. Unha resposta aínda máis sorprendente en tanto engade o Goberno que “en calquera caso, o promotor pode executar a súa propia terminal e solicitar a Adif a conexión á rede ferroviaria”.

Todo isto demostra “o desprezo que o Goberno ten por Ourense e ás súas necesidades en materia de infraestruturas, botando ao caixón calquera iniciativa ao máis puro estilo da ministra Magdalena Álvarez no goberno socialista de Zapatero”.

Vázquez denunciou que “o Goberno central e os seus representantes só están dispoñibles para a foto, pero de feitos nada en absoluto”. Unha vez máis “demostran que só saben dicir non a infraestruturas clave para a provincia, neste caso para un dos centros industriais que más cargas mobiliza en Galicia e que conta coa apoio dos empresarios de San Cibrao, do parque de Pereiro de Aguiar, do polígono Barreiros, dos concellos, da Deputación e da Xunta”. O mesmo que ocorre, engadiu, con outros proxectos como autovía de Lugo, a de Ponferrada, a circunvalación norte da capital ou a mellora ferroviaria nas liñas que conectan Ourense con Vigo e Lugo”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: