Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular presenta o seu programa económico para o Concello de Ourense coa presenza de Manuel Pizarro

Imprimir ppou - 27-Abril-2011 - 21:39:43 

O economista e ex diputado do PP no Congreso, Manuel Pizarro, participou xunto co candidato á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, e a número 3 da candidatura, Beatriz Tejada, na presentación aos medios de comunicación do programa electoral en materia económica do PP para o Concello de Ourense. O acto, que contou coa presenza dos integrantes da candidatura popular, tivo lugar na sede da Oficina do Candidato. Posteriormente, Manuel Pizarro participou no Centro Cultural, xunto co presidente provincial do PP, Manuel Baltar, no foro "Debate Popular", organizado polo PP de Ourense e coordinado por Maria Antonia Rilo, onde ofreceu unha conferencia sobre "A situación económica en España".
Foi precisamente Manuel Pizarro quen alertou no ano 2008 da grave crise económica que ameazaba a España mentres o Goberno do PSOE, con Zapatero ao fronte, negaba tal posibilidade e sinalaba que o país se atopaba na "Champions League" da Economía.
No acto de presentación do programa económico Rosendo Fernández recordou a traxectoria de Manuel Pizarro, e recalcou que a cidade se atopa nunha "longa lexislatura de pedra" que dura catro anos de inacción en creación de riqueza e emprego. Sinalou o candidato do PP ourensán que Ourense debe levantar a cabeza, ser ambicioso e mirar cara o futuro sempre con sentido común. "Non se pode loitar por un trazado urbano digno para o AVE e prometer no seu lugar un tranvía", expresou Rosendo Fernández, quen botou tamén en falta maiores inversións municipais en materia termal e turística, recalcando que "todo o que fixo o actual Goberno bipartito da cidade foron obras que estaban comprometidas xa co anterior equipo de Goberno Popular".

Ante esta crise na que Rosendo Fernández dixo que se atopaba o Concello de Ourense,  adiantou que o principal obxectivo do seu programa de Goberno é un cambio de filosofía que propicie o desenvolvemento económico da cidade, sempre baixo os eixos do turismo, o auxe das industrias auxiliares con proxección dentro da cidade (enerxías renovables, artesanía, etc) e a xestión do coñecemento, dun xeito transversal que supoña a atracción de industrias tecnolóxicas cara a cidade e a propia tecnoloxización das existentes. Estos eixos sempre irán da man do apoio decido á Universidade e a posta en marcha de plans de viabilidade e de crédito para pymes e micropymes. Recalcou Rosendo Fernández que "a mellor das políticas sociais para unha cidade coma Ourense é a creación de emprego que revirta na creación de riqueza e na mellora da calidade de vida dos ourensáns". Aludindo á súa profesión de médico, non puido evitar Rosendo Fernández facer un diagnóstico da saúde da cidade, á que ve cunha grave carencia dende hai catro anos de medidas efectivas para crear emprego e evitar o éxodo de centos de xóvenes ben formados cara outras ciudades, perdendo así a capacidade emprendedora de Ourense.
Beatriz Tejada, futura concelleira de Economía, foi a encargada de explicar máis polo miúdo os detalles do programa electoral do PP en materia económica. Sinalou a importancia de aproveitar as potencialidades de Ourense, unindo o crecemento endóxeno dos sectores tradicionais co sector do coñecemento.
Adiantou Beatriz Tejada que un compromiso prioritario será o do apoio ao autoemprego, con programas específicos para este fin, apoio aos emprendedores e elementos fiscais ventaxosos. Explicou que unha das propostas, "Capital Riesgo: Ourense Innova" consistirá na creación de sociedades de capital riesgo que invirtan en proxectos de emprendedores que se instalen na cidade. Tamén adiantou que se rehabilitará un edificio no Casco Histórico para a súa conversión en Living Lab, que contará cunha Unidade Tecnolóxica de Augas Medicinais e Termais en colaboración coa Universidade de Vigo. Tamén indicou que se porán en marcha elementos fiscais que favorezan o asociacionismo e a posta en marcha do Fondo Ourense Innova, de capital mixto, para a consolidación e creación de empresas de base tecnolóxica.
En definitiva, o proxecto económico do PP de Ourense recolle o mellor do pasado da cidade e senta as bases de futuro para o seu desenrolo e posta en valor, tendo á promoción económica e do emprego como eixo fundamental. "O noso programa, que imos cumplir, é o noso contrato coa cidadanía", sinalou Beatriz Tejada.
O economista Manuel Pizarro pechou o acto de presentación sinalando que "o peor para un enfermo é que non recoñeza a súa enfermidade", en referencia a cando él adiantou a crise que se nos viña enriba no ano 2008, mentres o Goberno do PSOE negou daquela esta posibilidade. Pizarro animou a Rosendo Fernández a liderar o proceso de curación da cidade, "como xa fixo o PP con España en 1996, xa que ao PP sempre se nos chama cando hai que arranxar desfeitas".    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: