Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP insta ao Goberno de España a cumprir os compromisos asumidos coas entidades locais e a poñer en marcha axudas destinadas a apoiar aos concellos na súa loita contra a pandemia e a crise

Imprimir ppou - 06-Abril-2021 - 14:27:48 

 
• Os populares da cidade piden trasladar este acordo ao presidente do Goberno, á ministra de Facenda, ao ministro de Política Territorial e Función Pública, aos portavoces de Grupos Políticos do Congreso, Senado e do Parlamento Galego e á Xunta de Goberno da FEMP 

• O Goberno de Sánchez, que afirmou que non deixaría " a ninguén atrás" non só non destinou un só euro novo para apoiar a Concellos, Deputacións, Cabidos e Consells Insulares senón que tentou confiscarlles os remanentes acumulados durante os últimos 9 anos e, por último, decidiu que a participación das entidades locais na xestión dos Fondos Europeos de Recuperación e Resiliencia sexa residual e totalmente
 
• “Mentres isto ocorría, os Concellos, Deputacións, Cabidos e Consells Insulares de toda España puxéronse á fronte da loita contra o virus e da crise económica e social derivada da pandemia e da deficiente xestión realizada polo Goberno de España”, explica o concelleiro Jorge Pumar.
  
05 de abril de 2021.

As entidades locais sufriron desde o inicio da pandemia o abandono, o desprezo e a deslealdade do Goberno de España. O Goberno que afirmou que non deixaría " a ninguén atrás" non só non destinou un só euro novo para apoiar a Concellos, Deputacións, Cabidos e Consells Insulares senón que tentou confiscarlles os remanentes acumulados durante os últimos 9 anos e, por último, decidiu que a participación das entidades locais na xestión dos Fondos Europeos de Recuperación e Resiliencia sexa residual e totalmente afastada do peso real que estas administracións teñen sobre o gasto público total.

“Mentres isto ocorría, os Concellos, Deputacións, Cabidos e Consells Insulares de toda España puxéronse á fronte da loita contra o virus e da crise económica e social derivada da pandemia e da deficiente xestión realizada polo Goberno de España”, explica o concelleiro Jorge Pumar. “Puxeron en marcha novos servizos e axudas para atender a emerxencia sanitaria e para responder á emerxencia social que sofren moitos españois que viron como o virus poñía en risco non só a súa saúde senón tamén o seu traballo e expectativas de vida”.

Entre estes novos servizos e axudas podemos mencionar: novos servizos de axuda no fogar para reducir os contaxios entre os maiores e os máis vulnerables evitando que tivesen que saír das súas casas; entrega de ordenadores aos seus veciños para que, tanto nenos como adultos, puidesen continuar coas súas clases e os seus traballos con normalidade e en igualdade de condicións que o resto dos seus compañeiros; aumento das axudas de emerxencia social para facer fronte ás "colas da fame"; posta en marcha en tempo record de servizos e actividades "en liña"; novos servizos sanitarios para apoiar á poboación; novas axudas para paliar as necesidades das familias e empresas afectadas polo COVID-19; etc. 

Uns novos servizos e axudas que, xunto ás perdas derivadas do mantemento de determinados servizos públicos por orde do Goberno de España- como o transporte de viaxeiros- cando a demanda era inexistente; as compensacións que se teñen que  realizar aos adxudicatarios de servizos públicos debido á inactividade e/ou redución das horas que deben prestar e o aumento extraordinario de gastos como os da limpeza de edificios e instalacións públicas; incrementaron notablemente o gasto das entidades locais.

A iso engádese, as rebaixas fiscais que as entidades locais puxeron en marcha para aliviar as cargas económicas de empresas e familias e a redución de ingresos derivada da crise económica que se viu agravada pola pandemia e a neglixente xestión da mesma realizada polo Goberno central.
Ante esta situación, nin o presidente do Goberno, nin a ministra de Facenda nin os sucesivos ministros de Política Territorial e Función Pública atenderon as demandas realizadas polas entidades locais.

Por todo iso, o pasado 22 de marzo 10 alcaldes de diferentes formacións políticas, preocupados polo futuro das súas cidades e veciños e en representación da maioría de dirixentes das entidades locais españolas, reuníanse para reclamar ao Goberno de España que atendese as peticións realizadas polos Concellos, Deputacións, Cabidos e  Consells Insulares que non teñen outro obxectivo que poder seguir prestando uns servizos públicos de calidade aos seus veciños  e apoiándolles nesta crise sanitaria, económica e social.
 
Por todo elo, o Grupo Municipal Popular no Concello de Ourense, presenta a seguinte moción con estes acordos:
 
1.- Solicitamos ao Goberno de España reformular as axudas estatais aos municipios, avanzar nun novo sistema de financiamento das entidades locais que mellore o actual e definir o acceso ao financiamento europeo dos concellos respecto aos fondos asignados a España por importe de 140.000 millóns de euros.
2. Reclamamos ao Goberno central os seguintes puntos:
a) A aprobación de maneira urxente dun Fondo de Reconstrución Local por valor, polo menos de 4.000 millóns de euros.
b) A achega dun Fondo do Transporte de polo menos 1.000 millóns de euros, ampliables para poder facer fronte aos efectos que poidan producirse durante 2021.
c) O recoñecemento do protagonismo que as Entidades Locais deben ter na xestión directa de Fondos da Unión Europea para a Reconstrución, facendo efectiva a transferencia do 14’56 % dos mesmos que equivale á participación da Administración Local no gasto público do Estado.
3. Reivindicamos o papel fundamental que xogaron todos os concellos na xestión da crise sanitaria e económica ocasionada polo coronavirus, independentemente da súa cor política ou da súa situación económico-financeira. O combate contra a pandemia supúxonos un gran buraco financeiro para custear os servizos públicos que necesitan os nosos veciños.
4. Igualmente, reivindicamos os acordos alcanzados por unanimidade no seo da FEMP para reclamar ao Goberno de España que arbitre un sistema de axudas a todos os concellos que permitan facer fronte ás dificultades económicas ocasionadas pola crise sanitaria do coronavirus. Estas axudas son imprescindibles para que os municipios sigan prestando os seus servizos públicos e axudando a quen máis o necesitan durante a actual crise económica.
5. Comprometémonos a seguir defendendo a igualdade e a solidariedade na repartición dos fondos estatais entre os municipios, así como a preservar os intereses de todos os cidadáns  independentemente do municipio no que vivan e da situación económica na que se atopen os seus concellos.
Os populares da cidade piden tamén trasladar este acordo ao presidente do Goberno, á ministra de Facenda, ao ministro de Política Territorial e Función Pública, aos portavoces de Grupos Políticos do Congreso, Senado e do Parlamento Galego e á Xunta de Goberno da FEMP.  


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: