Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP pide que o Goberno Central derribe o edificio do Centro de Interpretación de Parques Naturais e lle devolva á cidadanía nun espazo que sexa útil e acorde á situación termal actual

Imprimir ppou - 06-Abril-2021 - 10:10:22 


• “Por iso, desde o PP da cidade consideramos que é o momento de seguir a traballar na liña da cooperación institucional, motivo polo que decidimos presentar unha moción, totalmente construtiva e en positivo, para eliminar por fin ese adefesio e mirar cara adiante cun novo proxecto que ilusione”, explica Jesús Vázquez.

• “O secretario de Estado confirmoume que a intención do Ministerio é demoler dita estructura, pois é imposible que se lle poida dar o uso para o que fora deseñada, e aceptou de bo grado a miña proposta de construir no seu lugar algo de utilidade para a cidade”, recalca o coordinador municipal dos populares e senador, Jesús Vázquez.

05 de abril de 2021.

Un dos exemplos do feísmo e da nefasta planificación de infraestruturas está ao carón da zona termal da nosa cidade, na zona de Quintela de Canedo. O que un día ía ser “Centro de Interpretación de Parques Naturais” (comezouse a falar del en 2007 e asinouse o convenio para a súa construción en 2008), hoxe é un adefesio que desde hai 10 anos nos avergoña e degrada unha das entradas á nosa cidade. Aquel proxecto estrela dos gobernos local, autonómico e nacional e local -daquela do PSOE-, é hoxe un problema que só se pode solucionar con vontade, cooperación e iniciativa perante as administracións responsables da súa ubicación. As obras comezaran en 2010, quedando paralizadas para sempre en 2011, pois o Plan Hidrolóxico impediu que continuasen.

“Así, o pasado 18 de marzo, en Comisión no Senado, falei co secretario de Estado de Transición Ecolóxica, Hugo Morán, para solicitarlle dúas cousas: que o Ministerio derribe a estrutura e que active as conversas precisas coas restantes administracións para construir alí algo de utilidade para a cidade, e que o permita o actual Plan hidrolóxico”, sinalou Jesús Vázquez. “O secretario de Estado confirmoume que a intención do Ministerio é demoler dita estructura, pois é imposible que se lle poida dar o uso para o que fora deseñada, e aceptou de bo grado a miña proposta de construir no seu lugar algo de utilidade para a cidade”.

“Por iso, desde o PP da cidade consideramos que é o momento de seguir a traballar na liña da cooperación institucional, motivo polo que decidimos presentar unha moción, totalmente construtiva e en positivo, para eliminar por fin ese adefesio e mirar cara adiante cun novo proxecto que ilusione”, explica Jesús Vázquez.

A moción que presenta o Grupo Municipal do PP ten dous acordos fundamentais:

1.- Que o Concello de Ourense inicie os trámites necesarios co Ministerio de Transición Ecolóxica para axilizar o derrubamento do edificio ruinoso do fallido “centro de interpretación de parques naturais”. É dicir, que non quede nunha mera declaracións de intencións, senón que se convirta nun feito.

2.- Que o Concello de Ourense estableza a cooperación necesaria co Ministerio de Transición Ecolóxica e a Xunta de Galicia para artellar unha unha actuación adecuada á zona e permitida no actual plan hidrolóxico, toda vez que o fallido “centro de interpretación de parques naturais”, a medio construir en Quintela de Canedo en pleno espazo termal, supón un elemento de degradación e feísmo no entorno termal desde hai máis de 10 anos.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: