Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O senador Jesús Vázquez pídelle ao ministro de Cultura que licite antes do verán o proxecto museístico do Arqueolóxico de Ourense

Imprimir ppou - 17-Marzo-2021 - 15:59:39 


• O senador popular ourensán considera clave tamén a contratación dos elementos necesarios para a montaxe museográfica: “De nada servirá rematar as obras do edificio, se non se comeza a traballar xa no seu proxecto museístico e os elementos que o deben compoñer. Os ourensáns levamos 20 anos privados desta xoia do noso Patrimonio e coa planificación precisa, non deberíamos agardar máis do necesario”, sinala Jesús Vázquez

• “Como pode ver, señor ministro -díxolle o senador Vázquez Abad a José Manuel Rodríguez Uribes na Comisión de Cultura da Cámara Alta- distintos gobernos, de distintas cores, tiveron responsabilidade na execución do devandito proxecto. E quero agradecerlle a todos eles e a vostede a súa participación e que hoxe esteamos a falar do final. Do mesmo xeito que quero agradecer a todo o persoal do Museo o esforzo que realizan día a día para poder continuar cos labores que teñen encomendadas, baixo estas circunstancias tan duras”. 

• O ministro de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes, agradeceulle o ton construtivo e positivo ao senador ourensán, e confirmoulle a Vázquez que as previsións do Ministerio pasan por rematar as obras en 2020 y completar o proxecto global, coa musealización do mesmo, en 2023.

17 de marzo 2021

O Antigo Salón de Sesións do Senado acolleu esta mañá unha reunión da Comisión de Cultura e Deporte, que estivo presidida polo ministro de Cultura, José Ramón Rodríguez Uribes. Nesta sesión de traballo, o senador Jesús Vázquez pediulle ao ministro de Cultura que licite antes do verán o proxecto museístico, así como a contratación dos elementos necesarios para a montaxe museográfica.

  
  
“De nada servirá rematar as obras do edificio, se non se comeza a traballar xa no seu proxecto museístico e os elementos que o deben compoñer. Os ourensáns levamos 20 anos privados desta xoia do noso Patrimonio e coa planificación precisa, non deberíamos agardar máis do necesario”, sinala Jesús Vázquez

“Como pode ver, señor ministro -díxolle o senador Vázquez Abad a José Manuel Rodríguez Uribes-, distintos gobernos, de distintas cores, tiveron responsabilidade na execución do devandito proxecto. E quero agradecerlle a todos eles e a vostede a súa participación e que hoxe esteamos a falar do final. Do mesmo xeito que quero agradecer a todo o persoal do Museo o esforzo que realizan día a día para poder continuar cos labores que teñen encomendadas, baixo estas circunstancias tan duras”. 

O ministro de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes, agradeceulle o ton construtivo e positivo ao senador ourensán, e confirmoulle a Vázquez que as previsións do Ministerio pasan por rematar as obras en 2020 y completar o proxecto global, coa musealización do mesmo, en 2023.

“20 anos esperando, case nada, señor ministro. E por iso realizo esta pregunta, para desde a palabra en positivo, defender unha cidade como a de Ourense, coñecida durante décadas como a Atenas galega, que tivo toda a paciencia do mundo. Como varias xeracións de mozos ourensáns víronse privados de poder acceder á súa propia historia. Como unha cidade como Ourense, que ten na cultura e o termalismo a esperanza posta para o seu progreso, viu pechado durante dúas décadas un dos seus elementos culturais e patrimoniais máis significativos”, explicou Jesús Vázquez na exposición, e finalizou expoñendo: “Quero agradecerlle o compromiso do seu ministerio, e a de todos os que fixeron posible isto hoxe en  dia, facendo unha mención  especial a unha persoa que se involucrou directamente en momentos dunha gran crise económica, e refírome a Fernando Benzo, secretario de Estado de Cultura, sendo ministro D. Iñigo  Méndez de Vigo”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: