Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Rosendo Fernández convida ao BNG a sumarse á manifestación pola integración soterrada do AVE en Ourense

Imprimir ppou - 27-Abril-2011 - 08:16:52 

Rosendo Fernández, candidato popular á Alcaldía de Ourense, e secretario provincial do PP de Ourense, forza política que participará na manifestación convocada para este venres día 29 reivindicando a integración soterrada do AVE na cidade, invita públicamente ao BNG a sumarse a ese movemento cidadán.
Argumenta Rosendo Fernández que "as declaracións do senador nacionalista Pérez Bouza" comparten o noso rexeitamento "as formas empregadas polo ministro de Fomento, negando mesmo o debate e crendo que aínda estamos a tempo de buscar unha solución de consenso". Por este motivo Rosendo Fernández emplaza ao BNG a participar na manifestación do día 29 porque "estamos ante unha cuestión crucial na historia da cidade, que merece un respeto e un estudio serio de viabilidade antes de descartar opción algunha", insistindo o candidato popular en que "a postura do bipartito local, conformista e carente de ambición, constitúe unha traizón na defensa dos intereses da nosa cidade".
Rosendo Fernández confía en que o BNG sexa coherente e se sume a unha manifestación da cidadanía ourensá que está "cansa de discriminacións" e de "comportamentos vergoñentos como o axionllamento do alcalde diante do personalismo dun ministro que nega o debate, nun comportamento dictatorial que hoxendía provoca o noso frontal rexeitamento".
O secretario provincial do PP anima ao BNG que conforma o bipartito local a "amosar si realmente está do lado dos que defendemos á cidade ou dos que dicen amén a todo aquello que signifique negar a participación, o debate e o diálogo coas forzas sociais e económicas representativas de Ourense".
Rosendo Fernández amósase disposto a "consensuar" co BNG e co resto das organizacións convocantes o lema que encabece dita manifestación porque "nun asunto fulcral como éste débenos unir o esencial e non separarnos as palabras ou as expresións".    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: