Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP reclamará ao Goberno todos recursos necesarios para axilizar a reparación e reapertura do túnel do Folgoso

Imprimir ppou - 10-Marzo-2021 - 16:55:41 


• Nunha moción para o pleno de marzo, o grupo provincial popular subliña que está situación está a ter un impacto económico e social moi negativo no sur de Galicia, “afectando seriamente ao transporte de mercadorías e de viaxeiros, así como ás persoas que se desprazan ao seu posto de traballo ou acceden a servizos básicos, mesmo con advertencias sobre os efectos que está a ter na atención ás urxencias sanitarias”, sinala o vicepresidente terceiro e portavoz popular Plácido Álvarez.
 
Ourense, 10 de marzo de 2021.- O grupo provincial popular presentará no próximo pleno ordinario da Deputación de Ourense unha moción na que reclama a adopción de cantas medidas e recursos sexan necesarios para axilizar as obras de reparación do túnel do Folgoso da autovía A-52, en sentido Ourense, facilitando así o máis inmediato restablecemento do tráfico para paliar o negativo impacto económico e social que o peche deste paso está a provocar no sur de Galicia.

Os graves danos estruturais provocados no túnel polo incendio dun camión o pasado 25 de xaneiro obrigaron a cortar a circulación “nunha vía troncal de comunicación de todo o sur de Galicia co resto de España e, polo tanto, fundamental para a mobilidade entre as provincias de Ourense e Pontevedra”, destaca o vicepresidente terceiro e portavoz popular Plácido Álvarez.

O corte de tráfico neste punto obriga aos usuarios da A-52 a desviarse pola N-120, nun percorrido de 23 quilómetros que prolonga a viaxe en máis de media hora e nunhas deficientes condicións de tránsito que están a denunciar os condutores, co firme en mal estado, un só carril en cada sentido, trazado con moitas curvas, fortes pendentes, numerosos cruzamentos e o tránsito polo centro urbano da Cañiza.

Álvarez sinala que esta situación “está a ter un efecto moi negativo para Ourense, e por extensión para todo o sur de Galicia, afectando seriamente ao transporte de mercadorías e de viaxeiros, así como ás persoas que se desprazan ao seu posto de traballo ou acceden a servizos básicos, mesmo con advertencias sobre os efectos que está a ter na atención ás urxencias sanitarias”.

O portavoz popular tamén pon énfase na ausencia dunha alternativa ferroviaria idónea entre as provincias de Ourense e Pontevedra, tanto para o transporte de mercadorías como de viaxeiros, “xa que estamos a ver como a liña que comunica Ourense con Vigo sofre constantes cortes, o último durante case un mes polo deficiente estado da plataforma”.

Plácido Álvarez puntualiza que todos estes problemas nas comunicacións vanse incrementar logo do previsible aumento da mobilidade tras as novas medidas de apertura perimetral adoptadas polas autoridades sanitarias.

Con esta iniciativa, o grupo provincial popular súmase as reiteradas peticións formuladas tanto polos representantes do Partido Popular no Congreso e no Senado, como polo Goberno galego e o Parlamento de Galicia, solicitando ademais ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana unha detallada explicación dos procedementos e prazos que manexa este departamento para o remate das obras de reparación do túnel.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: