Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular cualifica de “escandalosa” a falta de colaboración da Confederación Hidrográfica con O Bolo

Imprimir ppou - 10-Marzo-2021 - 12:55:59 


• O secretario de Organización do PP, Pablo Pérez, criticou a falta de implicación do organismo de conca e do seu presidente, José Quiroga, “deixando ben clariño que só colaborará en cuestións índole administrativa”, ademais de utilizar “escusas de tal calado como que a Confederación non poderá formar parte da comisión por problemas de falta de efectivos, algo absolutamente sorprendente para un organismo que vai estar implicado, si ou si, no proxecto que se execute sobre o río”. 

10, marzo, 2021.

O secretario de Organización do Partido Popular de Ourense, Pablo Pérez, cualificou hoxe de “escandalosa” a falta de colaboración que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil esta a demostrar co municipio do Bolo, logo de non comparecer onte na reunión constitutiva da comisión de seguimento para a reconstrución da ponte sobre o río Xares, “unha actuación de gran importancia para os habitantes das zonas afectadas e sobre a que a Confederación suponemos que terá algo que dicir, por estar entre as súas competencias”.

Pablo Pérez criticou a falta de implicación do organismo de conca e do seu presidente, José Quiroga, “que xa quedou patente na carta que asinou e remitiu á Deputación en resposta á convocatoria da sesión constitutiva da comisión”. Por unha banda, afirmou, “deixa ben clariño que só colaborará en cantas cuestión de <índole administrativa> se soliciten, é dicir, obviando que puxemos en marcha esta comisión polo elevado investimento que se precisa para construír un novo paso sobre o río Xares e que o Concello nunca podería asumir en solitario”.

Pero ademais, engadiu Pérez, “utilízanse escusas de tal calado como que a Confederación non poderá formar parte da comisión <por problemas de falta de efectivos>, algo absolutamente sorprendente para un organismo que vai estar implicado, si ou si, no proxecto que se execute sobre o río, e unha incomprensible falta de previsión, cando a invitación se cursou tres semanas antes”. 

Para o secretario de organización dos populares ourensáns, está situación pon de novo en evidencia “a máis absoluta carencia de empatía da Confederación do Miño-Sil con problemas dos nosos vecinos e veciñas pero, o que e peor, a máis absoluta incomprensión sobre o significado da colaboración institucional”. Pablo Pérez agarda que o presidente do organismo de conca “aínda lle dea unha volta ao caso e decida participar na próxima reunión da comisión, que persoal e moi profesional seguro que ten”.

Unha nova ponte, a solución máis axeitada.

A constitución da comisión para a reconstrución da ponte sobre o río Xares tivo lugar onte martes no Concello do Bolo, dando así cumprimento ao acordo unánime alcanzado no pleno da Deputación de Ourense do pasado 18 de decembro, estando integrada polos representantes da Deputación, Xunta de Galicia, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, os grupos políticos da corporación provincial -PP, PSOE e BNG, ademais de DO que desculpou a súa presenza- e mailo o propio alcalde do Bolo, Manuel Corzo.

Este grupo de traballo buscará a mellor fórmula que permita a reconstrución da ponte sobre o río Xares, cuxo piar central presenta unha profunda fenda tras colapsar o 20 de decembro de 2019, como consecuencia do elevado e forte caudal alcanzado por unha intensa borrasca. Os danos provocados neste paso obrigaron a cortar a circulación da estrada municipal que une as localidades de Barxa e Seixo. 

A solución que se está a estudar pasa polo derrubo da actual estrutura e a construción dunha nova, cun orzamento de máis de 462.000 euros e un prazo de execución de catro meses. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: