Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Rosendo Fernández acusa ao PSOE de “xogar á lixeira co futuro económico e turístico das comarcas de Trives e Manzaneda”

Imprimir ppou - 05-Marzo-2021 - 17:32:19 


• Trala intervención do socialista Juan Carlos Francisco na comisión de Economía do Parlamento de Galicia para falar da estación de montaña, o secretario xeral do PP de Ourense considera "lamentable que o parlamentario socialista poña en dúbida a adxudicación da xestión deste complexo a unha compañía galega que presentou un ambicioso proxecto para desestacionalizar a actividade na estación”. E aínda é moito máis preocupante, engadiu “que un representante público cualifique como <vericueto lexislativo> un procedemento perfectamente regulado na Lei de Contratos do Sector Público, para facer fronte á imposibilidade de licitar pola vía ordinaria ante acontecementos imprevisibles, como é o caso desta pandemia”.

5, marzo, 2021.

O secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, acusou hoxe ao PSOE de “xogar á lixeira e frivolizar co futuro económico e turístico das comarcas de Trives e Manzaneda”, en resposta á intervención do representante socialista pola provincia de Ourense, Juan Carlos Francisco, na comisión de Economía do Parlamento galego, “na que seguindo o habitual estilo destrutivo que caracteriza a este partido recurriu ao torticeiro argumento das sombras e dúbidas para desacreditar a xestión da Estación de Montaña de Manzaneda”.

Para Fernández “é lamentable que o parlamentario socialista poña en dúbida a adxudicación da xestión deste complexo a unha compañía galega especializada no turismo activo de natureza e eventos deportivos, que presentou un ambicioso proxecto para desestacionalizar a actividade na estación”. E aínda é moito máis preocupante, engadiu “que un representante público cualifique como <vericueto lexislativo> un procedemento perfectamente regulado na Lei de Contratos do Sector Público, para facer fronte á imposibilidade de licitar pola vía ordinaria ante acontecementos imprevisibles, como é o caso desta pandemia”.

A Deputación de Ourense, xunto co resto de membros da sociedade Meisa, apuntou o secretario xeral dos populares ourensáns, “recorreron a un procedemento habilitado pola lei para axilizar a renovación da xestión deste complexo por un evidente interese público”.

O Partido Poplar, desde a institucións nas que goberna -Deputación e Xunta-, “actuou sempre coa máxima responsabilidade para non poñer en risco un complexo que ten un gran impacto nos ámbitos económico e laboral das comarcas de Trives e Manzaneda, que son un activo provincial, pero tamén galego por ser a única estación destas características existente en Galicia”.

Para Rosendo Fernández, a intervención do parlamentario socialista na comisión de Economía “non só deixa a interrogante sobre as rexeitables intencións deste partido de botar abaixo o futuro da estación, o que veñen facendo reiteradamente nos plenos da Deputación e agora tamén en sede parlamentaria, senón tamén a súa capacidade para entender un proceso de renovación da xestión totalmente transparente”.

“E paradoxalmente -subliñou Fernández- ven da man de Juan Carlos Francisco, que figuraba como administrador e socio único da empresa Madeiras do Xurés, á que o Concello de Entrimo concedeu a explotación total e venda da madeira dos montes veciñais do municipio, cesión que xa o PP de Entrimo denunciou polas súas irregularidades ao realizarse con infraccións no trámite de información pública”. Daquela, en maio do pasado ano, o proceso incluíu o apercibimento expreso da secretaria do Concello, o que para os populares de Entrimo determinaba a nulidade do contrato. Unha situación aínda máis grave, denunciou xa entón o PP, logo de que a xustiza recoñecera en tres sentenzas que os comuneiros de Entrimo son os legais propietarios dos montes en man común.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: