Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Goberno négase a concretar unha data de licitación para o tramo entre Eirasvedras e Quintela e elude responder sobre o tramo Quintela-A Casilla

Imprimir ppou - 03-Marzo-2021 - 12:26:34 


● Logo de analizar as respostas recibidas a senllas iniciativas parlamentarias, para os deputados ourensáns resulta indignante que o Ministerio de Transportes xustifique que a “pírrica” dotación de 250.000 euos nos orzamentos xerais do Estado son suficientes, cando en 2018 esta contía era dez veces superior.

● Celso Delgado denuncia que “os feitos amosan que o Goberno de Pedro Sánchez está a boicotear flagrantemente todo o que ten que ver coa circunvalación norte de Ourense”.

3, marzo, 2021.

O deputado popular pola provincia de Ourense, Celso Delgado, denunciou hoxe que “o Goberno de Pedro Sánchez está a boicotear flagrantemente, todo o que ten que ver coa circunvalación de Ourense, negándose a concretar unha data de licitación para o tramo Eirasvedras-Quintela e sen dar resposta sobre a situación do tramo Quintela-A Casilla”. Celso Delgado, xunto coa deputada Ana Vázquez, amosan así a súa preocupación polo futuro dunha necesaria e importante infraestructura para Ourense como é a circunvalación norte, logo de analizar as respostas que o Executivo central realizou a dúas preguntas formuladas polos representantes populares no Congreso o pasado 19 de xaneiro.

Sobre a primeira das preguntas, nas que se requiría explícitamente ao Goberno que concretase en que mes do 2021 tería lugar a licitación do tramo Eirasvedras-Quintela, Celso Delgado cualificou a resposta como “lamentable, sen ofrecer data algunha e pola contra tentando sementar confusión”. Aínda máis, lamenta o deputado, “sobre todo pretende convencernos de que a pírrica consignación na lei de PGE para 2021 de 250.000 euros, que é dez veces menos que a consignada en 2018, é suficiente” para a licitación”. Engade ademais que “é penoso que o Ministerio de Transportes obvie que estamos ante un tramo urbano, que ten unha intensidade de 10.000 vehículos ao día e que é o máis urxente e o máis prioritario, ademáis de que posibilitaría o proxecto de conversión do espazo liberado da N-120 nun boulevard termal”.

Sobre a segunda das interpelacións formuladas ao Goberno, na que se preguntaba expresamente polo mes do ano 2021 no que está prevista a aprobación do proxecto de construción do tramo da autovía A-56, na ligazón de Quintela coa N-120 ata a ligazón da Casilla coa N-525, Delgado afirmou que a resposta “é escandalosamente elusiva e ademais mentireira, remitíndonos a unha comparecencia do Secretario Xeral de Infraestruturas na Comisión de Transportes, Mobilidade a Axenda Urbana do Congreso, celebrada o 29 de outubro de 2020, na que non dixo absolutamente nada sobre ese tramo”. 

Unha absoluta falta de concreción, incide o deputado, “que só xera preocupación polo futuro dunha infraestructura á que non estamos dipostos a renunciar, polo que seguiremos facendo un estreito seguimento dos plans do Goberno de Sánchez”.

 PRIMEIRO TRAMO: EIRASVEDRAS-QUINTELA.

● A pregunta formulada con respecto  ao  primeiro tramo  sinalaba:

“É un feito obxectivo que un tramo especialmente maduro para licitar as obras, dentro da Autovía A-56 (Ourense-Lugo) é a ligazón de Eirasvedras coa N-120 (pq. 573+800) coa ligazón de Quintela coa  N-120 (pq. 572,000). Un tramo urbano que de executarse solucionaría os problemas de circulación nun treito de alta intensidade de tráfico e que posibilitaría o proxecto municipal de conversión dese espazo da N-120 nun  bulevar termal.

Lembramos que o proxecto de construción do tramo foi aprobado pola Dirección Xeral de Estradas o 22 de abril de 2019 cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros. E que o BOE do 21 de novembro de 2019 publicou o anuncio do MITMA de sometemento a información pública previa á ocupación de bens e dereitos afectados. Un trámite que de ningún xeito condiciona a licitación, pero que xa vencido 2020 segue sen materializarse. 

Esta deliberada e inaceptable demora evidencia un notorio desprezo aos ourensáns, que nos indigna e que se viu aumentada cando vimos no proxecto de lei  PGE para 2021 que o Goberno socialista consignaba para este tramo a ínfima suma de 250.000 euros  que parece facer inviable a licitación o próximo ano. 

Lembramos que na Lei de PGE de 2018 -co goberno do PP- este tramo tivo unha partida de 2,5 millóns de euros.  No errado proxecto de PGE de 2019, o Goberno socialista non fixaba consignación algunha o que provocou o rexeitamento unánime de todas as forzas políticas de Ourense. Para xustificarse, o  MITMA dixo o 30 de xaneiro de 2019 que “este proxecto podería estar por tanto aprobado e a continuación ser licitadas as obras en 2019”.

Pero unha vez máis o MITMA incumpriu e as obras nin foron licitadas en 2019 nin en 2020. E agora este ministerio socialista sorpréndenos desfavorablemente cunha consignación ínfima de 250.000 €, é dicir dez veces menor que a consignada en 2018.

No trámite parlamentario de emendas, tentamos incrementar a dotación ata os catro millóns de euros para posibilitar a licitación de obras. Pero a nosa pretensión foi rexeitada.

É imprescindible que en 2021 o Goberno rectifique e licite as obras deste tramo, e por iso insistimos e preguntamos: “En que mes do ano 2021 procederá o Goberno para licitar as obras do tramo da autovía A-56, ligazón de  Eirasvedras coa  N-120– ligazón de Quintela coa N-120”.

● A resposta do Goberno foi a seguinte:

En relación co asunto interesado, sinálase que a dotación que recolle a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021 é suficiente para proceder á licitación das obras do tramo  Eirasvedras-Quintela da Variante Norte de Ourense (A-56). Tendo en conta os prazos ata o inicio das obras (preparación da licitación, avaliación de ofertas, adxudicación, formalización, firma da acta de replanteo, actuacións preparatorias previas ao comezo, material das obras…), non sería posible certificar en 2021 cantidades de varios millóns de euros.

Con todo, cabe indicar que as cantidades recollidas nos Orzamentos Xerais do Estado ( PGE) para o ano 2021 poden ir variando ao longo do exercicio para acomodarse ás necesidades reais de cada proxecto, dentro da  envolvente orzamentaria da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana”.

SEGUNDO TRAMO: QUINTELA-A CASILLA.

● A pregunta formulada con respecto  ao  segundo tramo  sinalaba:

“O 4 de marzo de 2019 preguntamos ao Goberno sobre a data en que concluiría a redacción do proxecto de construción do tramo da autovía A-56, ligazón de Quintela coa N-120 ata a ligazón da Casilla coa N-525. O Goberno entón respondeunos "que o proxecto do tramo Quintela-A Casilla atópase nunha fase moi avanzada de redacción e tan só pendente da   auditoria de seguridade viaria".
 
O 21 febreiro de 2020 formulamos idéntica pregunta ao Goberno e o 2 de abril de 2020 respondeunos “que se atopa en fase de redacción e que non podía dar unha data concreta de finalización destes traballos xa que dependía da supervisión e correccións que puidese ser preciso realizar nas sucesivas versións do proxecto”.
 
Xa iniciado 2021 seguimos sen ter noticias da aprobación do proxecto de construción deste tramo por parte do MITMA, o que evidencia unha enorme desidia e falta de compromiso, que se confirmou coa consignación na lei de PGE para 2021 para este tramo da ínfima suma de 100.000 euros que fai inviable a pronta licitación das obras. 

Polo exposto insistimos e preguntamos: “En que mes do ano 2021 está prevista a aprobación do proxecto de construción do tramo da autovía A-56, ligazón de Quintela coa  N-120 ata a ligazón da Casa coa  N-525?

● A resposta do Goberno o pasado 23 de febrero foi a seguinte:

En relación co asunto interesado, sinálase que o Goberno, a través do Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana na súa intervención na Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Congreso dos Deputados do 29 de outubro de 2020 informou sobre a situación desta infraestructura”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: