Noticias
Blog
O voto favorable do PP en xunta de goberno permite que avancen os trámites para a futura aprobación do proxecto de ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense
• O segundo asunto a destacar na sesión desta mañá é a aprobación do modificado, con aumento de orzamento, para o proxecto de adaptación da nova sede da Asociación Española contra o Cancro de Ourense.
• “Parécenos moi relevante, non só polo importante labor que realiza esta asociación na nosa cidade, senón tamén porque na súa nova sede, situada na rúa Doutor Marañón, contribuirase tamén a dinamizar o Centro histórico de Ourense, algo que é sempre positivo para toda a cidade”, explica Sonia Ogando
25 de febreiro 2021
De entre os 43 asuntos que foron aprobados hoxe en xunta de goberno local, á que asitiu a portavoz municipal dos populares, Flora Moure, ademais de diversos expedientes como pago de facturas pendentes, posta en coñecemento de diversos temas xudiciais e reclamacións patrimoniais, o Grupo Municipal do PP de Ourense destaca dous asuntos de suma importancia para a cidade.
En primeiro lugar, seguen os trámites para a futura aprobación do proxecto de ampliación do Complexo Hospitalario. Supón a segunda fase da devandita ampliación do CHUO, enviando informe favorable para os intereses urbanísticos e locais en canto á aprobación da Lei 3/2016, que permitirá unha inmediatez na execución das obras. “Dada a súa importancia, o PP por suposto outorgou o seu voto favorable neste asunto”, tal e como explica a concelleira Sonia Ogando, que analizou pormenorizadamente este expediente xunto á portavoz Flora Moure.
O segundo asunto a destacar é a aprobación do modificado, con aumento de orzamento, para o proxecto de adaptación da nova sede da Asociación Española contra o Cancro de Ourense. “Parécenos moi relevante, non só polo importante labor que realiza esta asociación na nosa cidade, senón tamén porque na súa nova sede, situada na rúa Doutor Marañón, contribuirase tamén a dinamizar o Centro Histórico de Ourense, algo que é sempre positivo para toda a cidade”, explica Sonia Ogando.
Así, co voto positivo dos populares en xunta de goberno, poden continuar as obras necesarias para esta nova sede e que a Asociación Contra o Cancro en Ourense poida comezar a traballar no seu novo emprazamento canto antes.