Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os senadores populares esixen un plan de actuación urxente que remate coa precariedade da liña do ferrocarril Ourense-Vigo

Imprimir ppou - 24-Febreiro-2021 - 18:41:38 

 
• Nunha moción conxunta, os representantes galegos na Cámara Alta demandan os investimentos necesarios para acabar co deterioro e a inseguridade que sofre esta conexión, “onde as continuas incidencias pola falta de mantemento denotan xa o esgotamento dunha infraestructura impropia do século XXI”, afirma o senador ourensán Jesús Vázquez. 


25, febreiro, 2021.

Os senadores populares das catro provincias galegas veñen de rexistrar unha iniciativa parlamentaria na que esixen ao Goberno central un plan de actuación urxente que remate coa precariedade da liña ferroviaria Ourense-Vigo, “realizando os investimentos necesarios para acometer as imprescindibles obras que acaben co deterioro e a inseguridade que sofre esta conexión, onde as continuas incidencias denotan xa o esgotamento desta infraestructura”, destacou o senador ourensáns Jesús Vázquez en representación dos representantes do PP.

Vázquez reclama a implicación e o compromiso do Goberno coa mellora e modernización da conexión ferroviaria do Miño, “evitando así as constantes incidencias provocadas pola falta de mantemento, demostrando unha vez máis que non son seguras e que a conexión entre Ourense e Vigo e impropia do século vinteún”.

Na moción dos senadores galegos, presentada para o seu debate na comisión de Transportes, reflíctese que esta liña data de 1881 sendo construída con “moitas estreitezas orzamentarias e apenas reformada en profundidade desde entón”. Como consecuencia deste abandono “rexístrase un alarmante número de problemas, case que continuos, co agravante de que é a principal conexión en tren entre Vigo e Madrid”, apunta Jesús Váquez.

Neste sentido lembra as últimas e destacadas incidencias ocorridas en Frieira (Crecente), unha en decembro pasado e outra máis este mesmo mes ao abrirse unha gran focha que nin o propio Adif é quen de dicir cando poderá reparala para restablecer a circulación dos trens. “E nesta situación, os viaxeiros vense na obriga de facer transbordos por estrada xusto cando o traxecto pola autovía A-52 ten pechado o túnel do Folgoso en sentido Ourense, aumentando en máis de media hora o percorrido”.

Técnicos e expertos non deixan de alertar do perigo nesta liña pola inestabilidade das ladeiras e advirten que debe cumprir cos requisitos de interoperabilidade da alta velocidade, di o senador ourensán, “pois se non hai unha decisión en sentido contrario será a que absorba a maior parte das frecuencias do sur de Galicia, cando se poña en servizo o último tramo do acceso central de alta velocidade a Galicia”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: