Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Rosendo Fernández: “César Fernández fixo un labor encomiable cun goberno que facía moitos anos que non se vía en Ribadavia”

Imprimir ppou - 23-Febreiro-2021 - 17:52:02 


• Tralo relevo na alcaldía logo da moción de censura, Rosendo Fernández afirmou que “estaremos expectantes para ver o que dá de se esta coalición que non foi quen de entenderse hai dous anos, pero que agora dá un paso sen sentido, sen pes nin cabeza e sen motivacións”. 

23, febreiro, 2021.

O secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, cualificou hoxe a xestión do ata o de agora alcalde de Ribadavia, César Fernández, como “un labor encomiable cun goberno estable que facía moitos anos que non se vía neste  concello”, agradecendo en nome do PP ourensán “o exemplo que supuxo para o noso partido como persoa comprometida co seu territorio e as súas xentes”. 

Nestes dous anos, dixo Rosendo Fernández, o alcalde popular de Ribadavia “foi capaz de manter un goberno estable e sólido grazas ao que conseguiu destacados investimentos e o compromiso de administracións como a Xunta e a Deputación para realizar necesarios proxectos, grazas tamén á súa capacidade de colaboración institucional”.
 
A partir de agora e tras a substitución na alcaldía despois da celebración esta mañá do pleno de moción de censura, o secretario xeral popular afirmou que “estaremos expectantes para ver o que dá de se esta coalición que non foi quen de entenderse hai dous anos, pero que agora dá un paso sen sentido, sen pes nin cabeza e sen motivacións”.
  
Para Fernández, “Ribadavia ten agora un goberno de excepción que comeza impoñendo vetos”, referíndose así ao exregidor socialista e deputado provincial, Ignacio Gómez, “que foi o muñidor da moción, pero que quedou sen absolutamente nada porque non o querían de alcalde”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: