Noticias
Blog
O Grupo Municipal do PP de Ourense solicita á Xunta que considere a posibilidade de recuperar unha surxencia termal que existe ao carón da Ponte Romana no ámbito das obras que están en marcha
• O concelleiro e deputado provincial Jorge Pumar propúxolle esta posibilidade á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, dado que esta surxencia termal existe desde hai moitos anos e podería ser recuperada para o uso e disfrute da cidadanía, cun componente termal e turístico.
• “Sería un xeito idóneo de aproveitar unha surxencia termal que existe desde hai moitos anos, poñéndoa en valor como cidade termal (mediante unha fonte ou outra actuación acorde co proxecto) e ao carón dun monumento tan emblemático para Ourense”, xustifica Jorge Pumar
• A conselleira comprometeuse a estudar técnicamente esta posibilidade, que considerou interesante para a súa toma de consideración
22 de febreiro 2021
Esta mañá, os concelleiros Jesús Vázquez e Jorge Pumar acompañaron á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na visita que realizou ás obras que a Xunta está a
desenvolver para a posta en valor da Ponte Romana, na súa segunda fase.
Así, no transcurso da visita, o concelleiro de deputado provincial, Jorge Pumar propúxolle esta posibilidade á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, dado que
esta surxencia termal existe desde hai moitos anos e podería ser recuperada para o uso e disfrute da cidadanía, cun componente turístico e termal.
“Sería un xeito idóneo de aproveitar unha surxencia termal que existe desde hai moitos anos, poñéndoa en valor como cidade termal (mediante unha fonte ou outra actuación acorde co proxecto) e ao carón dun monumento tan emblemático para Ourense”, xustifica Jorge Pumar. A conselleira comprometeuse a estudar técnicamente esta posibilidade, que considerou interesante para a súa toma de consideración.