Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP considera un erro gravísimo a supresión da Sala do 091 en Ourense, o que provocará un incremento no tempo de resposta policial ante posibles incidencias que requiren axilidade

Imprimir ppou - 22-Febreiro-2021 - 14:05:30 


• “Non podemos consentir este novo desprezo ás cidades e provincias máis despoboadas nun tema tan importante como é o da seguridade cidadá. Ninguén chama por banalidades ao 091, senón que se fai ante situación serias e non é operativo que se atenda desde a central de A Coruña un tema que desde Ourense se podería respostar con maior celeridade e eficacia”, sinala o coordinador dos populares no Concello, Jesús Vázquez.

• O secretario xeral do SUP en Galicia e o seu homólogo en Ourense, Roberto González e Antonio Pousa, respectivamente, explican que “o tempo de resposta policial en Ourense é de 2-3 minutos. Con este cambio, ao que nos opoñemos frontalmente, ese tempo será maior, coas consecuencias que poden supoñer ante feitos delictivos que requiren urxencia. O servicio da Policía Nacional vaise ver afectado negativamente desde o 1 de marzo se non se amplían efectivos, algo que pedimos se non se revirte a decisión de trasladar o 091 á central da Coruña”.

• Os populares reuníronse con membros do Sindicato Unificado de Policía e con representantes da Federación Veciñal Limiar, da Agrupación Miño e das AAVV da cidade non federadas nen agrupadas, para analizar esta decisión do Goberno central.

• Os populares levan desde febrero de 2020 rexistrando iniciativas no Congreso e no Senado, así como no Pleno do Concello (en marzo do ano pasado), esixindo ao Goberno central que reconsidere unha decisión “que non só non beneficia, senón que pode supñer un grave inconvinte á hora de prestar o mellor servizo policial ante situacións de emerxencia”.

22 de febreiro 2021
 
O PP considera un erro gravísimo a supresión da Sala do 091 en Ourense, o que provocará un incremento no tempo de resposta policial ante posibles incidencias que requiren axilidade. Por este motivo, o presidente local e coordinador municipal dos populares, Jesús Vázquez; e a voceira Flora Moure reuníronse esta mañá con membros do Sindicato Unificado de Policía e con representantes veciñais para analizar esta decisión do Goberno central.
 
  
  
Así, os os populares levan desde febreiro de 2020 rexistrando iniciativas no Congreso e no Senado, así como no Pleno do Concello (en marzo do ano pasado), esixindo ao Goberno central que reconsidere unha decisión “que non só non beneficia, senón que pode supñer un grave inconvinte á hora de prestar o mellor servizo policial ante situacións de emerxencia”.
 
“Non podemos consentir este novo desprezo ás cidades e provincias máis despoboadas nun tema tan importante como é o da seguridade cidadá. Ninguén chama por banalidades ao 091, senón que se fai ante situación serias e non é operativo que se atenda desde a central de A Coruña un tema que desde Ourense se podería respostar con maior celeridade e eficacia”, sinala o coordinador dos populares no Concello, Jesús Vázquez
 
O secretario xeral do SUP en Galicia e o seu homólogo en Ourense, Roberto González e Antonio Pousa, respectivamente, explican que “o tempo de resposta policial en Ourense é de 2-3 minutos. Con este cambio, ao que nos opoñemos frontalmente, ese tempo será maior, coas consecuencias que poden supoñer ante feitos delictivos que requiren urxencia. O servicio da Policía Nacional vaise ver afectado negativamente desde o 1 de marzo se non se amplían efectivos, algo que pedimos se non se revirte a decisión de trasladar o 091 á central da Coruña”
 
Na reunión de traballo, participaron representantes da Federación Veciñal Limiar, da Agrupación Miño e das AAVV da cidade non federadas nen agrupadas.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: