Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP reclama ao Goberno un plan específico de financiación, promoción e exportación para apoiar ao sector do viño

Imprimir ppou - 17-Febreiro-2021 - 10:40:39 


• A crise socioeconómica provocada pola pandemia da Covid-19 está a ter “desvastadores efectos” no sector vitivinícola galego, con especial incidencia en Ourense ao posuír catro das cinco denominacións de orixe de Galicia, onde centos de viticultores e adegas poden verse na obriga de abandoar as súas colleitas e os seus negocios ante as elevadas perdas rexistradas polo peche da hostalería, a restauración e maila inactividade no ámbito do turismo enolóxico.

• “O balance global é unha diminución do consumo, a redución dos prezos medios e, por tanto, do valor total das vendas, do volume de negocio e dos beneficios das adegas”, advirte o senador ourensán Miguel Ángel Viso, que destaca os resultados dun estudo realizado pola Federación Española do Viño, segundo o cal o 96 % das adegas españolas rexistran graves danos nos seus negocios pola continua caída do consumo interno.

17, febreiro, 2021.

A crise socioeconómica provocada pola pandemia da Covid-19 está a ter “desvastadores efectos” no sector vitivinícola galego, con especial incidencia en Ourense ao posuír catro das cinco denominacións de orixe de Galicia, onde centos de viticultores e adegas poden verse na obriga de abandoar as súas colleitas e os seus negocios ante as elevadas perdas rexistradas polo peche da hostalería, a restauración e maila inactividade no ámbito do turismo enolóxico. Esta é a análise que sobre o sector reflicte unha moción presentada polos senadores ourensáns -Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Jesús Vázquez- na que reclaman ao Goberno medidas específicas de apoio á industria do viño a través de novas vías de financiamento, promoción e exportación.  

En concreto, os senadores solicitan ao Executivo que negocie coa Comisión Europea a incorporación de financiamento extra máis aló dos programas nacionais de apoio ao sector vitivinícola español; o deseño de campañas de promoción para fomentar a cultura do viño; desenvolver plataformas telemáticas de comercialización; aprobar un plan estratéxico de Internacionalización para recuperar e abrir novos mercados exteriores; e levar a cabo accións dirixidas a potenciar o consumo interno, incluíndo o apoio ao enoturismo.

En Galicia, con cinco denominacións de orixe (Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra) hai preto de 10.700 viticultores, 449 adegas, preto de 8.400 hectáreas de superficie cultivada e unha producción anual superior aos 64 millóns de quilos de uva. A provincia de Ourense, non obstante, é un caso singular en Europa por ser un dos escasos territorios nos que conviven tantas denominaciós de orixen xuntas: Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra, que comercializan preto de 19,2 millóns de litros de viño e facturan case 90 millóns de euros. Un sector estratéxico para a economía da provincia, actuando como un dos grandes cohesionadores do rural ourensán.  

Segundo os expertos, “o balance global é unha diminución do consumo, a redución dos prezos medios e, por tanto, do valor total das vendas, do volume de negocio e dos beneficios das adegas”, advirte o senador ourensán Miguel Ángel Viso, que destaca os resultados dun estudo realizado pola Federación Española do Viño, segundo o cal o 96 % das adegas españolas rexistran graves danos nos seus negocios pola continua caída do consumo interno, esperando un descenso do 35 % en volume de viño comercializado e unha perda de máis do 50 % do valor de vendas. E todo iso pese ao repunte de vendas nos supermercados (64,5 %) e sobre todo vía online (161,2 %), “que non compensará a forte caída en restauración e hostalería debido ao peche destes negocios e á inactividade no turismo enolóxico, así como a ausencia de promoción pola suspensión de salóns, feiras e mesmo festas tradicionais”.
 
UNHA PRODUCIÓN DE CARÁCTER ESTRATÉXICO.

As medidas incluídas na proposta, que se debatirá na comisión de Agricultura do Senado, reforzarían a consideración da viticultura como unha produción de carácter estratéxico, afirma o senador, que contrapón estas accións ás axudas ao sector aprobadas no seu momento polo Ministerio de Agricultura para paliar a crise de mercado derivada da pandemia, “pois non se adaptan ás singularidades do modelo de viticultura en Galicia, como a destilación para vinagres e alcohol de uso sanitario, o almacenamento de excedentes en adegas que non dispoñen de capacidade, ou a vendima en verde para superficies de máis de 3.000 metros cadrados, cando o tamaño medio en Galicia é de 1.400 metros cadrados”.

Ademais, conclúe Miguel Ángel Viso, “xunto á importancia económica, a xeración de emprego nas zonas produtoras e a súa contribución á cohesión do rural hai que sumar o valor ambiental deste sector polas súas achegas ao mantemento da diversidade, da paisaxe e a redución de C02”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: