Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Cenlle, Punxín e Ribadavia asinan un convenio de colaboración para a redación do proxecto da senda que unirá aos tres concellos pola beira do río Miño

Imprimir ppou - 17-Febreiro-2021 - 10:37:16 


• A redación do proxecto, que ten un importe de 18.150€ será financiada pola Deputación de Ourense.

Ribadavia, 16 de febreiro de 2021

Os alcaldes dos Concellos de Cenlle, Punxín e Ribadavia veñen de asinar un convenio de colaboración para a redación do proxecto da senda fluvial na marxe dereita do embalse de Castrelo de Miño que unirá estes tres concellos a través dun fermoso paseo que permitirá disfrutar da inigualable paisaxe e o valor ambiental desta fermosa zona da comarca do Ribeiro.

Por medio deste convenio, os tres concellos comprométense a facilitar canta documentación técnica e administrativa sexa necesaria para a redación do proxecto, axilizando deste xeito os prazos de redación do mesmo. A redación do proxecto, que ten un orzamento de 18.150€, será financiada pola Deputación Provincial de Ourense.

Os alcaldes dos tres concellos, José Manuel Lamas, Manuel Vázquez e César Fernández, amosáronse moi satisfeitos polo apoio das diferentes administracións a este proxecto de senda fluvial, e quixeron sinalar o compromiso da Deputación para a financiación da redación deste proxecto e poñer en valor tamén o compromiso da Xunta de Galicia para posibilitar que esta senda fluvial que une aos tres concellos pronto sexa unha realidade.

Os alcaldes afirmaron que este proxecto permitirá engadir mais valor turístico, natural e ambiental a un entorno que xa conta con un gran valor de seu. E quixeron sinalar que esta actuación permitirá tamén afondar na potenciación dos recursos termais destes concellos, convertindo a estes tres concellos da comarca do Ribeiro nun exemplo de cooperación para a valorización dos recursos endóxenos existentes e para a consolidación dunha oferta de turismo de calidade e sostible que permita que estes concellos sexan polo de atracción de visitantes ao longo de todo o ano. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: