Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O traballo que deixou feito o PP en materia de Termalismo comeza a dar os seus froitos

Imprimir ppou - 17-Febreiro-2021 - 10:33:25 

• O BOP de hoxe publica o anuncio de competencia de proxectos para reconstrución de edificio de servizos nas termas da Chavasqueira

• “Estamos ante unha noticia ilusionante que dá resposta a todo o traballo realizado polo PP á fronte do Termalismo da cidade e supón un paso primordial para a recuperación dunha instalación termal emblemática para a cidade como é A Chavasqueira”, sinala a portavoz dos populares, Flora Moure.

• “Agora, máis que nunca, é preciso seguir incidindo en reforzar a cooperación institucional, como desde o PP fixemos, manifestamos e defendimos sempre”.

15 de febreiro 2021.-

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publica hoxe o anuncio de competencia de proxectos, relativo ao expediente A/32/06910-1, a petición do Concello de Ourense para reconstrución de edificio de servizos nas termas da Chavasqueira. Este anuncio evidencia que o traballo que deixou feito o PP en materia de Termalismo comeza a dar os seus froitos.

“Estamos ante unha noticia ilusionante que dá resposta a todo o traballo realizado polo PP á fronte do Termalismo da cidade e supón un paso primordial para a recuperación dunha instalación termal emblemática para a cidade como é A Chavasqueira”, sinala a portavoz dos populares, Flora Moure.

“Agora, máis que nunca, é preciso seguir incidindo en reforzar a cooperación institucional, como desde o PP fixemos, manifestamos e defendimos sempre”, conclúe Flora Moure.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: