Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os deputados do PP reclaman a ADIF medidas efectivas para solucionar as constantes incidencias na liña ferroviaria do Miño entre Vigo e Ourense

Imprimir ppou - 15-Febreiro-2021 - 11:42:15 


● “Esta situación está a ter un efecto moi negativo para os usuarios do ferrocarril do sur de Galicia, que non están a recibir o servizo de calidade que merecen”, destaca o deputado Celso Delgado.

14, febreiro, 2021.

O Administrador de Infraestruturas ferroviarias ADIF debe adoptar as medidas necesarias para solucionar os continuos fallos da infraestructura da liña ferroviaria do Miño entre Vigo e Ourense que están afectando a seguridade e a calidade do servizo en prexuizo dos usuarios.

Así o reclaman os deputados do PP por Ourense, Celso Delgado e Ana Vázquez, que mediante iniciativas conxuntas cos representantes populares por Pontevedra formularon preguntas parlamentarias e solicitaron a comparecencia da Presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferrroviarias (ADIF), Isabel Pardo de Vera, na comisión de Transportes do Congreso, para que informe ao respecto.

Os deputados lembran que esta semana que remata evidenciáronse aínda máis as enormes carencias e limitacións que ten a infraestrutura desta xa centenaria liña ferroviaria que discorre en paralelo ao río Miño. 

Caídas de árbores sobre a  catenaria antes da estación de Arbo,  afundimento da vía na zona de Frieira, Crecente por causa dunha gran focha, etc.

O certo é que esta liña ferroviaria ten uns riscos de desprendementos ou esvaramentos moi altos. Así o acreditaba un recente informe de  INECO sobre a situación da rede convencional de Galicia.

As consecuencias destes incidentes  tan frecuentes, páganos os usuarios do ferrocarril que ven obrigados a ser trasladados no percorrido afectado  por estrada ata Ourense.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: