Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os deputados do PP reclaman ao Goberno unha “resposta rápida” para restablecer a circulación no túnel do Folgoso da A-52, fundamental para a conexión entre Ourense e Vigo

Imprimir ppou - 11-Febreiro-2021 - 11:05:38 


● Nunhas iniciativas conxuntas dos representantes no Congreso polas provincias de Ourense e Pontevedra, os representantes populares sinalan que esta situación está a ter un efecto moi negativo para Ourense, e en xeral para o sur de Galicia ao constatarse o duro golpe que supón á competitividade da nosa comunidade, "afectando seriamente ao transporte de mercadorías, ademais de prexudicar o día a día dos usuarios que utilizan a autovía para acudir ao traballo ou acceder a servizos básicos como a sanidade e a educación”, destaca o deputado Celso Delgado

11, febreiro, 2021.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana debe adoptar con urxencia as medidas necesarias para ofrecer unha “resposta rápida” que permita restablecer a circulación no túnel do Folgoso da A-52 (sentido Ourense), polo negativo impacto económico e social que o peche deste treito da autovía está a ter nos ámbitos económico e social no sur de Galicia, con especial incidencia no transporte de mercadorías e mesmo na atención sanitaria.

Así o reclaman os deputados do PP por Ourense, Celso Delgado e Ana Vázquez, que mediante iniciativas conxuntas cos representantes populares por Pontevedra e co apoio da deputada galega Ana Pastor, formularon preguntas parlamentarias e solicitaron a comparecencia do Secretario de Estado de Transportes, Pedro Saura, na comisión de Transportes do Congreso, para que explique que procedementos e  prazos concretos manexa o ministerio para resolver o máis axiña posible a complicada situación xerada polo peche do túnel.

Os asinantes das iniciativas, subliñan que a autovía das Rías Baixas, A-52, é unha vía troncal de comunicación de todo o sur de Galicia co resto de España e, polo tanto, fundamental para a mobilidade entre as provincias de Ourense e Pontevedra.

Tralo incendio dun camión o pasado 25 de xaneiro no túnel do Folgoso, en sentido Ourense, e como consecuencia dos graves danos sufridos na estructura deste paso, a día de hoxe mantense pechado este treito “e polas informacións que nos chegan esta situación podería ir moito máis aló do que pode considerarse razoable para unha conexión tan importante”, advirte Celso Delgado.

O corte de tráfico neste punto obriga aos usuarios da A-52 a desviarse durante 23 quilómetros en un percorrido de máis de media hora pola estrada nacional N-120, que presenta deficientes condicións para a elevada densidade de tráfico que sofre na actualidade, con firme en malas condicións, un só carril de circulación en cada sentido, numerosos cruzamentos e saturación de vehículos no propio centro urbano da Cañiza, que atravesa esta estrada nacional.

“Esta situación está a ter un efecto moi negativo para Ourense e o sur de Galicia ao constatarse o duro golpe que supón para á competitividade da nosa comunidade, afectando seriamente ao transporte de mercadorías, ademais de prexudicar o día a día dos usuarios que utilizan a autovía para acudir ao traballo ou acceder a servizos básicos como a sanidade e a educación”, destaca Celso Delgado.

En condicións normais, apunta o deputado ourensán, a autovía rexistra un tráfico medio diario de 16.460 vehículos (IMD do ano 2018). Unha intensidade que se viu reducida na actualidade polas restricións derivadas da crise sanitaria e a contención da pandemia, “polo que as persoas que hoxe transitan por este punto da autovía ou se desprazan entre Vigo e Ourense teñen razóns suficientemente xustificadas, o cal fai máis grave o impacto deste corte de circulación”. Engade Celso Delgado que “a nosa preocupación é aínda maior ao coñecer que o persoal sanitario púxose en contacto coa Xunta para trasladarlle que o peche do túnel está a imposibilitar unha resposta adecuada ante posibles urxencias sanitarias”.

Razóns suficientes e de máxima importancia, sinala o deputado, para que o ministerio dea as oportunas explicacións sobre as medidas qu vai adoptar para restablecer o tráfico coa maior urxencia no túnel do Folgoso. Demanda que onte mesmo formulaba a Xunta de Galicia por medio dunha carta a Pedro Saura.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: