Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Docentes e pais sinalan a necesidade de adecuar o Ensino aos novos tempos para erradicar o índice de fracaso escolar

Imprimir ppou - 18-Abril-2011 - 09:36:26 

Asistentes al encuentro sectorial en el ámbito educativo de los populares ourensanos. (Foto: JOSÉ PAZ)
Máis de 60 profesionais do sector da Educación da provincia, tanto en activo como actuais estudiantes e opositores dao Ensino, así como representantes das diferentes asociacións de pais e nais analizaron a situación actual do ensino en Ourense.
O acto estivo presidido polo candidato popular á Alcaldía da cidade, Rosendo Fernández, e coordinado pola concelleira e candidata, Belén Iglesias, profesional ademáis do sector da Ensinanza e a Pedagoxía. Tamén asistiu o Presidente de Honor do PP de Ourense, José Luis Baltar, docente de profesión e "mestre de mestres", tal e como o presentou Belén Iglesias.    

Rosendo Fernández agradeceu expresamente aos docentes a súa presencia no acto organizado no Domingo de Ramos. Recordou asimesmo que o de hoxe foi o undécimo acto sectorial organizado polo Partido Popular de Ourense, coa finalizade de abrir un diálogo participativo que conforme unha sociedade o máis xusta posible, na que debe participar toda a cidadanía e na que os políticos deben incidir de xeito decidido.
Sinalou o candidato popular á Alcaldía da cidade que a Educación é un piar fundamental do seu programa de goberno municipal, de vital importancia para acadar un verdadeiro Estado do Benestar."Para poder, debemos saber", sinalou Rosendo Fernández para expresar a importancia de mimar sobre todos os eixos o da Educación e a Ensinanza, base da nosa futura sociedade. Baixar os índices de fracaso escolar foi, para todos os participantes, o gran obxectivo irrenunciable.
José Luis Baltar recalcou que a Educación pública e a concertada debe adaptarse aos ritmos que imprimen as necesidades das empresas"Os alumnos que saen do sistema educativo teñen coñecementos antigos con respecto ao que piden as empresas". Baltar invitou a reflexionar sobre este asunto, co fin de que a Educación "evolucione ao mesmo ritmo que o fan as tecnoloxías". Sinalou a necesidade de crear un foro "para estar permanentemente innovando" neste importante eido da sociedade. Concluiu destacando a necesidade de "erradicar a mentalidade do mínimo esforzo".
Durante o transcurso do encontro púxose de manifesto, entre outros moitos temas, a problemática da competencia desleal no sector das academias de ensinanza (centros clandestinos sen ningún tipo de licencia nen garantías para o alumnado), e reclamaron un maior control sobre este abuso que está afectando seriamente ao sector, tal e como lamentaron varios asistentes ao acto sectorial.
No encontro se abordaron diversos temas coma a liberdade das familias para a elección de centros educativos, no que houbo participantes a favor e en contra, do sector da Ensinanza Pública e Concertada, enriquecendo o debate, tal e como constatou Rosendo Fernández, xa que é un tema intenso e que afecta a moitos rapaces e rapazas e ás súas familias.
A situación dos profesores e profesoras, como elemento estable e fundamental para que a Educación responda a uns parámetros de calidade, foi outro dos grandes temas abordados durante o encontro. Botouse en falta un mellor e máis decidido apoio para "o mellor profesorado da Historia". De feito, alí se lamentaron medidas contradictorias do Goberno socialista coma a de "apostar pola calidade decidindo baixarlle o soldo aos profesores", tal e como puxo de manifesto un dos asistentes.
Outro aspecto importante que alí se tratou foi a escasa oferta educativa existente na cidade no tocante ás garderías de carácter público, con apenas tres garderías para dar servizo a todo Ourense, tal e como afirmaron varios asistentes.
De igual xeito, se criticaron durante o debate "os cambios constantes" nas políticas educativas que levan a cabo uns e outros gobernos, reclamando así unha maior estabilidade e continuidade neste tipo de estratexias, mediante un plan de educación serio e actualizado.
Tamén se indicou neste punto a urxente necesidade de activar mecanismos eficaces para incentivar e estimular ao alumnado, factor moi decisivo á hora de optar pola Formación Profesional, tal e como se deixou constancia no encontro.Tamén se reclamou un maior control para os profesores interinos da Ensinanza Pública, xa que todos os asistentes coincidiron en que resulta un agravio comparativo que un opositor con mellor nota que un interino teña menos oportunidades para traballar. Por elo se pediron máis inspeccións.
Por último, varios asistentes reclamaron que a Administración Local "non discrimine" aos centros por ser públicos ou concertados, á hora de incluilos nas súas programacións. Asemade, expúxose a necesidade de sacar un maior rendemento por parte da cidadanía das instalacións escolares, ben para actividades extraescolares ou para o resto da vecindade. Neste senso, púxose de manifesto que a vixilancia nos centros é fundamental para o correcto.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: