Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Plácido Álvarez: “A responsabilidade e compromiso do PP salvaron hoxe a Manzaneda do seu peche definitivo”

Imprimir ppou - 29-Xaneiro-2021 - 16:39:16 


  • O portavoz do grupo provincial popular e vicepresidente terceiro da Deputación, que agradeceu o apoio de Ciudadanos á ampliación de capital de Meisa presentada ao pleno celebrado hoxe, criticou aos grupos socialista, nacionalista e DO “que nun exercicio de incongruencia din que non se pode poñer en risco a estación de montaña, pero logo non son quen de superar os seus prexuízos partidistas e se absteñen de apoiar ao goberno provincial para que non desapareza as instalacións turísticas e deportiva de Manzaneda”.

Ourense, 29, xaneiro, 2021

“A responsabilidade e o compromiso que o grupo provincial do Partido Popular ten asumido coa viabilidade da estación de montaña de Manzaneda salvaron hoxe a este complexo do seu peche definitivo”, afirmou o portavoz do PP e vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez, que subliñou tamén o apoio de Ciudadanos á ampliación de capital da sociedade Meisa presentada ao pleno celebrado hoxe. “Un posicionamento que está nas antípodas do PSOE, BNG e DO, aos que se lles enche a boca falando do importante que é Manzaneda para Ourense, pero logo non apoian unha operación económica vital para o seu futuro, xusto agora que principia unha nova etapa de xestión”.

Aínda recoñecendo o esforzo económico que supón o crédito extraordinario aprobado hoxe, por valor de máis de 498.000 euros, “o grupo popular asimiu a necesidade de facer fronte a este préstamo participativo para garantir a viabilidade da estación de montaña”, dixo Plácido Álvarez.

Non así os grupos socialista, nacionalista e o deputado de Democracia Ourensana, “que nun exercicio de incongruencia din que non se pode poñer en risco a estación, pero logo non son quen de superar os seus prexuízos partidistas e se absteñen de apoiar ao grupo de goberno do PP para que non desaparezan as instalacións turísticas e deportivas de Manzaneda”.

Unha vez máis, afirmou Álvarez, “o PP e o goberno provincial demostraron con feitos que por riba de todo pensan en Ourense e, hoxe en concreto, nun complexo estratéxico como dinamizador económico e turístico dos concellos de Manzaneda e Trives, da comarca, da provincia e de Galicia pola súa singularidade na nosa comunidade.

O portavoz popular criticou a intrasixencia do PSOE, BNG e DO nun momento crucial para o futuro da estación de montaña, tamén afectado directamente polas restricións derivadas da pandemia, “e aínda sementando dúbidas sobre o plan de viabilidade posto en marcha por Meisa, no que a Deputación é unha parte máis do accionariado, cunha nova etapa de xestión que persegue encher Manzaneda todo o ano, con ou sen neve”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: