Noticias
Blog
AVISO IMPORTANTE: A SEDE PROVINCIAL MODIFICA O SEU HORARIO DE APERTURA POLAS NOVAS RESTRICIÓNS
Debido á situación sanitaria e ás medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2 (Decreto 8/2021 da Presidencia da Xunta de Galicia e Orde do 26 de xaneiro da Consellería de Sanidade, publicadas no Diario Oficial de Galicia de 26 de xaneiro, nº 16-bis), a sede provincial do Partido Popular de Ourense só permanecerá aberta en horario de mañá (10.00-13.30 horas), con atención exclusivamente telefónica na quenda de tarde.