Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O Partido Popular aproba a liquidación das contas correspondentes ao exercicio de 2020

Imprimir ppou - 27-Xaneiro-2021 - 18:32:17 


• No Comité Executivo do PP ourensán, o presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que a primeira preocupación que o Partido Popular de Ourense ten hoxe “é colaborar desde as administracións públicas nas que está representado e goberna para deixar atrás canto antes esta pandemia”, situación que non impide que se poda seguir facendo traballo político”.

27, xaneiro, 2021.

O Comité Executivo do Partido Popular de Ourense, reunido esta tarde en sesión telemática, aprobou a liquidación das contas correspondentes ao exercicio de 2020, que reflicten uns ingresos de 299.321,92 euros e uns gastos de 299.684,02 euros. Un resultado económico que ven dado polos procesos electorais correspondentes ás eleccións autonómicas, nas súas convocatorias de abril e xullo, así como polos gastos derivados da adquisición de material e a adopción das medidas de seguridade e hixiene impostas polas autoridades sanitarias para facer fronte á COVID-19.

  
  
Na primeira reunión deste ano dos órganos de goberno da formación popular, o presidente provincial, Manuel Baltar, subliñou o esforzo realizado na xestión económica durante o 2020 “para adaptarse á situación xerada pola pandemia, tanto no desenvolvemento da campaña electoral como para manter o normal funcionamento da sede provincial”.

Co inicio deste novo periodo de actividade orgánica, dixo Manuel Baltar, “estamos a demostrar que a crise sanitaria non e ningún impedimento para render contas diante da militancia e facer un novo exercicio de transparencia perante a sociedade”.

A primeira preocupación que o Partido Popular de Ourense ten hoxe “é colaborar desde as administracións públicas nas que está representado e goberna para deixar atrás canto antes esta pandemia”, subliñou o presidente provincial. Porén, “esta situación non impide que se poda seguir facendo traballo político, porque sen partido non hai goberno, grazas á oportunidade que nos brindan ás novas tecnoloxías de comunicación pero tamén ao compromiso de todos cantos formamos parte deste partido respondendo ás convocatorias que facemos desde a dirección”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: