Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os senadores ourensáns piden que a normativa sobre tratamento de xurros se adapte á realidade das explotacións galegas

Imprimir ppou - 21-Xaneiro-2021 - 12:46:25 


• Nunha iniciativa á que se sumaron os representantes populares de Cantabria, Asturias e Navarra, os senadores de Ourense destacan que as singulares condicions do territorio, como a orografía, as pendentes do terreo ou o grao de humidade fan preciso que se tomen medidas singulares en Galicia e nas comunidades da Cornixa Cantábrica.

• As medidas xerais para reducir o exceso de emisións de amoníaco á atmosfera e evitar a contaminación das augas por nitratos “afectan á competitividade das pequenas explotacións, poñendo en risco a fixación de poboación no rural galego, onde se ubican máis da metade das granxas censadas polo ministerio en toda España, por diante de Asturias e Cantabria”, destaca o senador ouresán Miguel Ángel Viso.

21, xaneiro, 2020.

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Ourense, Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Jesús Vázquez, veñen de impulsar unha iniciativa pola que piden ao Goberno que adapte a normativa internacional para o tratamento e almacenamento de xurros e estercos á realidade das explotacións de vacún de leite en Galicia, onde determinadas condicións como a orografía, as pendentes do terreo e o grao de humidade fan precisas a adopación de procedementos singulares.

A moción rexistrada na Cámara Alta, para o seu debate na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación, conta tamén co apoio dos representantes populares nas comunidades de Cantabria, Asturias e Navarra, onde os gandeiros tamén se ven afectados polas singularidades propias destes territorios.

Xunto coa adaptación das normas internacionais á realidade galega e das comunidades da Cornixa Cantábrica, os senadores solicitan na súa iniciativa que o Goberno explore alternativas de menor custo ás medidas propostas nas pequenas explotacións, sobre todo nas familiares, que verían seriamente afectada a súa economía facéndoas aínda menos competitivas. Pídese tamén ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que se apoie á agricultura e á gandeiría familiar como un dos piares sobre os que se asenta a fixación de poboación no medio rural, contando ademais coas administracións autonómicas competentes da Cornixa Cantábrica afectadas pola adaptación da norma xeral relativa á redución da distancia aos ríos, debido ás condicións específicas destes territorios.

EXCESO DE EMISIÓNS

O senador ourensán Miguel Ángel Viso, explica que esta iniciativa parte “do importante peso que ten Galicia no vacún de leite, sendo a comunidade que agrupa a máis da metade das explotacións de todo o país, por diante de Asturias e Cantabria”.

Segundo os datos do ministerio, Galicia conta con 6.563 explotacións (11.923 en toda España), cuxos titulares teñen unha media de idade de 50 anos, a menos envellecida de España, e o 71 % destas granxas corresponden a persoas físicas. No obstante, as explotacións galegas están ao final da lista no tocante ao seu tamaño, xa que o número medio de animais sitúase pouco máis por riba das 50 unidades, mentres que a media estatal é de 82,5 animais.

O plan do ministerio, destaca Viso, “é reducir o exceso de emisións de amoníaco á atmosfera no sector agrogandeiro e evitar a contaminación das augas por nitratos, a través de medidas que afectan directamente as gandeirías de vacún”, entre as que citou a modo de exemplo a prohibición definitivamente do esparexido do xurro co sistema de prato ou abanico, utilizado na inmensa maioría dos casos. 

Por outra banda, apunta o senador popular, o ministerio non ten en conta os datos sobre o tempo que pasan as vacas e a recría de leite en pastoreo, o que prexudica ás gandeirías ecolóxicas de Galicia e a Cornixa Cantábrica, “xa que o fomento do gando en pastoreo está considerado como unha das mellores técnicas para reducir as emisións de amoníaco”.

Ao mesmo tempo, engade, que a Unión Europea sinala que “os gobernos deben ter en conta o efecto que poden causar as medidas nas pequenas explotacións, sobre todo ás familiares de pequeno tamaño que se verían máis afectadas por este sobrecusto, facéndoas aínda menos competitivas, debido á economía de escala, fronte ás grandes explotacións, fomentando aínda máis o despoboamento do rural, xa tan gravemente afectado en todo o país”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: