Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular de Ourense aproba os seus orzamentos para 2021

Imprimir ppou - 30-Decembro-2020 - 16:53:43 


● O presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, afirmou que “o noso partido segue a dar o exemplo de transparencia que a cidadanía esixe e que non fan outras formacións políticas, non só rendendo contas diante da sociedade, senón tamén demostrando que malia ás restricións os órganos do partido poden seguir activos e dando voz aos seus membros”.

30, decembro, 2020.

  
  
O Comité Executivo do Partido Popular de Ourense celebrou hoxe por vía telemática a última reunión do presente ano, nunha convocatoria que tiña como principal asunto da orde do día a aprobación do orzamento da formación popular para 2021 por importe de 295.825 euros, cantidade que procede das cotas dos afiliados, as aportacións que realizan os cargos públicos do partido e as transferencias dos grupos políticos provincial e municipal do Concello de Ourense e do Partido Popular de Galicia. 

Un plan económico, sinalou o presidente provincial, Manuel Baltar, “que nos permitirá afrontar unha intensa actividade orgánica, xa que para o próximo exercicio o Partido Popular de Ourense procederá a convocar os congresos provincial e locais que tiveron que adiarse pola pandemia”.

Con todo, subliñou Manuel Baltar, “o noso partido segue a dar o exemplo de transparencia que a cidadanía esixe e que non fan outras formacións políticas, non só rendendo contas diante da sociedade, senón tamén demostrando que malia ás restricións os órganos do partido poden seguir activos e dando voz aos seus membros grazas á tecnoloxía”.

O presidente provincial quixo expresar o seu máis sincero recoñecemento e agradecemento aos membros da dirección, cargos institucionais e de representación, alcaldes e portavoces populares “polo enorme labor desenvolvido neste ano, contribuíndo no ámbito político a lograr uns magníficos resultados nas eleccións galegas e a cuarta maioría absoluta de Alberto Núñez Feijóo, pero de xeito especial polo traballo realizado nos vosos concellos durante os momentos máis duros desta crise sanitaria, económica e social que todos unidos imos superar”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: