Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os deputados populares emendan os PXE de 2021 para corrixir o agravio do goberno de Sánchez con Ourense

Imprimir ppou - 19-Novembro-2020 - 13:06:27 


• Ana Vázquez e Celso Delgado rexistraron un paquete de emendas que, de ser aprobadas, elevarían en 54 millóns de euros o investimento na provincia.

• As iniciativas presentadas tentan posibilitar a licitación no próximo ano de obras xa “maduras” como o tramo da autovía A-56 (Eirasvedras-Quintela), ou primeiro tramo da A-76 e a variante exterior ferroviaria.

19, novembro, 2020.

Os deputados ourensáns no Congreso, Ana Vázquez e Celso Delgado, deron a coñecer hoxe as emendas que presentou o grupo parlamentario popular aos Orzamentos Xerais do Estado para 2021, “na procura dun maior investimento na provincia e para corrixir o agravio do goberno de Sánchez con Ourense”.

  
  
Os representantes populares na Cámara Baixa explicaron que o goberno consignou para a provincia un investimento de 123,48 millóns de euros, “que é notoriamente inferior aos 414,72 millóns de euros dos orzamentos de 2018 aprobados polo goberno de Rajoy”.

Por esta razón, os deputados ourensáns presentaron un paquete de emendas para elevar os investimentos na provincia  con 54 millóns de euros máis.

Ana Vázquez e Celso Delgado sinalaron tamén que as máis de 1.500 emendas parciais que o  grupo parlamentario popular rexistrou aos orzamentos van na dirección que necesita España para a súa reactivación económica. Delas 165 corresponden ao articulado, na liña da emenda á totalidade presentada anteriormente polo PP, e a meirande parte das restantes son de carácter territorial e sobre infraestruturas incluídas nestes  orzamentos. 
 

DETALLE DAS EMENDAS DO PP DE OURENSE.

Estradas: 9.500.00 euros

• Respecto do Variante Norte de Ourense, tramo  Eirasvedras-Quintela que no proxecto de PXE para 2021 só recibe uns insignificantes 100.000 euros, os populares presentaron unha emenda para aumentar ata os 4 millóns de euros E posibilitar a licitación dunhas obras que xa terían que ser licitadas en 2019, pero que os socialistas decidiron frear dun modo deliberado pese a ser unha actuación prioritaria.

• En referencia aos demais tramos da autovía A-56 (Ourense-Lugo), se rexistraron emendas para os tramos Quintela-A Casilla (400.000 euros) e Casilla- Cambeo-Sanmartiño (400.000 euros). A súa construción é fundamental para darlle funcionalidade ao tramo San Martiño-A Barrela norte, aberta ao tráfico desde setembro.

• Sobre a autovía A-76 (Ourense-Ponferrada), ante o descarado agravio que supón que o tramo máis avanzado administrativamente, A Veiga de  Cascallá-O Barco de Valdeorras, reciba unha ridícula consignación de 100.000 euros, os populares rexistraron unha emenda para aumentar a súa dotación ata os 4 millóns de euros e así posibilitar a licitación dunhas ansiadas obras en Valdeorras.

• Tamén se presentou outra emenda de 200.000 euros para o seguinte tramo, A Veiga de Cascallá-Requejo (León).

• Observando ademais que no proxecto orzamentario socialista non figura ningunha consignación específica para a mellora da  seguridade viaria na intersección de Ribela (Coles) na  N-525, rexistrouse unha emenda de 500.000 euros para posibilitar a licitación das obras. E igualmente, ante a ausencia de consignación para a remodelación do enlace da Rúa na N-120,  presentouse outra emenda por importe de 200.000 euros.

Ferrocarril: 43.089.000 euros

• Os deputados rexistraron emendas por importe de 20 millóns de euros para incrementar a dotación orzamentaria de dous novos epígrafes que son os Corredores “TEN-T” de ADIF e de ADIF-AV. Aquí encáixan actuacións vinculadas á obtención de fondos con cargo ao Mecanismo de Recuperación e  Resiliencia da Unión Europa. A dotación prevista de 25,6 millóns parécenos claramente insuficiente para as necesidades ferroviarias da provincia. Con esta emenda tamén se pretende impulsar a dotación da variante exterior ferroviaria de Taboadela a Ourense 

• Para o impulso de infraestruturas no Corredor Atlántico Noroeste, que inclúe a conexión ferroviaria Venta de Baños-Palencia-León-Astorga-Monforte-Ourense-Vigo-A Coruña, co obxectivo de incrementar o potencial industrial, a eficiencia loxística e fomentar unha mobilidade máis sostible, pídese noutra emenda que se inclúan actuacións ferroviarias en Galicia por importe de 50 millóns de euros dos que a cuarta parte, 12,5 millóns, se imputarían a Ourense.

• Ante a ausencia dunha partida concreta para as actuacións pendentes de realizar por ADIF-AV, na estación de alta velocidade de Ourense (a cubrición parcial da praia de vías, a pasarela peonil de conexión urbana para a mellora da permeabilidade transversal ou o viario sobre a praia de vías. etc) solicítanse 10 millóns de euros.

• E tamén presentouse unha emenda de 589.000 eurosque permita executar as obras do paso inferior na rúa Ramón Puga e do paso superior na Rúa Tarascón.

Outras emendas

• A recuperación e restauración de Panda Norte e Sur do Claustro e Hospedería no Mosteiro de Melón, 1 millón de €. 

• A segunda fase do paseo do Rio  Badella en Bande: 280.000 €

• Plan de reformas Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar: 150.000 €.

• E outras globais de Galicia, que afectan á provincia de Ourense, como investimentos para conservación do medio natural con afectación ás Reservas da  Biosfera (Xurés-Allariz), para unha estratexia de resiliencia turística, recollida selectiva de residuos en núcleos rurais, promoción do Xacobeo. Etc., por importe de 10,7 millóns de euros.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: