Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Manuel Baltar, cos representantes ourensáns no Congreso e no Senado: “Indigna ver como o PSOE de Ourense aplaude a marxinación orzamentaria máis grande na historia da provincia”

Imprimir ppou - 16-Novembro-2020 - 16:42:33 


• Desde a perspectiva das administracións locais, Baltar criticou que non se tivera en conta ningunha das reivindicacións formuladas por concellos e deputacións, “que van quedar sen os prometidos fondos COVID-19, nunha clara manobra de vinganza e desprezo por botar abaixo o intento de apropiación dos aforros de municipios e provincias”.

• Os representantes ourensáns no Congreso e no Senado cualificaron o proxecto de orzamentos xerais como “un escándalo e un ataque intencionado a Ourense, cun PSOE que nunca defendeu á nosa provincia e que tenta atacar ao PP con estas contas, cando realmente as consecuencias deste uso partidista do Estado e as súas institucións só serán para a provincia e os ourensáns”.


16, novembro, 2020.

O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, afirmou hoxe que “indigna ver como o PSOE de Ourense aplaude a marxinación máis grande na historia da provincia, cuns orzamentos estatais para 2021 que reducen nun 70 % os investimentos destinados ao noso territorio con respecto ás últimas contas vixentes, aprobadas no 2018 polo goberno de Mariano Rajoy”. Manuel Baltar valorou así o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado no transcurso da reunión que hoxe mantuvo, por videoconferencia, cos representantes ourensáns no Congreso, Ana Vázquez e Celso Delgado, e no Senado, Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Jesús Vázquez.

  
  
A cita tivo lugar horas antes de que remate o prazo para a presentación de emendas -mañá martes-, “que sabemos serán rexeitadas, pero nas que insisteremos na tramitación das contas no Senado, porque estamos diante dun deliberado maltrato con Ourense”, sinalou o presidente dos populares ourensáns.

Desde a perspectiva das administracións locais, Baltar criticou que non se tivera en conta ningunha das reivindicacións formuladas por concellos e deputacións, “que van quedar sen os prometidos fondos COVID-19, nunha clara manobra de vinganza e desprezo por botar abaixo o intento de apropiación dos aforros de municipios e provincias”.

Pola súa banda, os representantes ourensáns no Congreso e no Senado cualificaron o proxecto de orzamentos xerais como “un escándalo e un ataque intencionado a Ourense, cun PSOE que nunca defendeu á nosa provincia e que tenta atacar ao PP con estas contas, cando realmente as consecuencias deste uso partidista do Estado e as súas institucións só serán para a provincia e os ourensáns”.

Ademais de analizar no seu conxunto as emendas presentadas aos orzamentos –“cun desastre absoluto en materia de estradas-, os membros de ambas as dúas cámaras lexislativas insistiron na marxinación que sofre Ourense, “que só recibirá 3 de cada 10 euros contemplados nos orzamentos de 2018, aínda hoxe vixentes”. En total, 123,8 millóns de euros fronte aos 414 millóns de hai dous anos, é dicir, un 70 % menos. 

“Os socialistas de Ourense non miran pola súa provincia -engadiron- e por riba aínda se gaban dunhas contas que non responden a ningún criterio obxectivo, nin tan siquera á loita contra a pandemia, senón a un reparto indecente do diñeiro para conseguir o apoio daqueles que queren rachar coa unidade de España e, aínda peor, traspasando todas as liñas imaxinables ao pactar con Bildu”.


Suscíbete:
Redes Sociales: