Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Debate sobre o estado da provincia: O PP presenta un décalogo de propostas sobre fondos europeos, simplificación administrativa, turismo ou vivienda rural

Imprimir ppou - 10-Novembro-2020 - 17:14:36 


Un conxunto de iniciativas que, en palabras do portavoz do grupo popular e vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez, “formula unha serie de propostas innovadoras no ámbito do goberno provincial, pero tendo moi presente a difícil situación xerada pola crise da Covid-19 e como seguir a cooperar na recuperación económica e social”.

Ourense, 10 de novembro de 2020.- O grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Ourense rexistrou esta mañá o seu decálogo de propostas para o debate sobre o estado da provincia que se celebrará o próximo martes, 17 de novembro, e no que se inclúen cuestións referidas á captación de fondos europeos, turismo, vivienda no rural, simplificación administrativa ou seguridade escolar e persoal. Un conxunto de iniciativas que, en palabras do portavoz do grupo popular e vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez, “formula unha serie de propostas innovadoras no ámbito do goberno provincial, pero tendo moi presente a difícil situación xerada pola crise da Covid-19 e como cooperar desde xa na recuperación económica e social”.

Nesta liña, Álvarez subliña “a necesidade de captar financiamento europeo para a provincia de Ourense no marco do fondo de recuperación “Next Generation” da UE, para o que solicitaremos o apoio da Xuta de Galicia, ademais de axudar aos concellos ourensáns na presentación de proxectos innovadores e sostibles ao plan “Green Deal”, dentro do Pacto Verde Europeo, mediante o programa “Ourense, provincia biosostible”.

O portavoz popular destaca tamén a resposta aos cambios da sociedade, “que mira agora máis cara o rural, polo que pretendemos crear unha plataforma na que os concellos amosen a oferta do seu concello en vivienda para aluguer ou venda”. 

Xunto con propostas como a simplificación administrativa e actualización da enxeñería informática nos servizos da Deputación, Plácido Álvarez destaca iniciativas relacionadas coa seguridade persoal, coa aplicación “Voucontigo” para axuda inmediata a persoas en situación de risco, ou a seguridade escolar, “habilitando sendas escolares seguras ao carón das vías provincias onde se sitúan unha trintena de centros de ensino”.

Álvarez tamén se referiu “á clara aposta co turismo deportivo, nomeadamente co deporte náutico en Lais, Arnoia e Castrelo de Miño”, aínda que destacou “o compromiso da Deputación de Ourense coa Estación de Montaña de Manzaneda e a procura dunha etapa de xestión que incida máis aló da tempada de esquí”.

Unha proposta de axuste nas aportacións aos custos reais do Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES) e a creación cun centro de interpretación do río Miño en Toén completan o decálogo presentado polo grupo provincial popular ao pleno sobre o debate do estado da provincia do próximo martes.

PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN DO GPP PARA O SEU DEBATE NO PLENO SOBRE O ESTADO DA PROVINCIA DE OURENSE 2020

EQUILIBRIO TERRITORIAL
1.- Xestionar diante da Xunta de Galicia a ubicación na provincia de Ourense de proxectos autonómicos que opten aos fondos europeos “Next Generation”.

TURISMO DEPORTIVO
2.- Fornecer a posición de liderado da provincia en deportes náuticos con infraestruturas deportivas en Laias, Arnoia e Castrelo de Miño coa “Coupe de la Jeunesse” de 2022 como evento catalizador.

HOMENAXE AO PAI MIÑO NA PROVINCIA TERMAL
3.- Centro de interpretación do río Miño no Concello de Toén, establecendo conversas coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para sumala a este proxecto.

NATUREZA E LECER COMO MOTOR ECONÓMICO COMARCAL
4.- Abrir unha nova etapa de xestión en Meisa, coa desestacionalización como obxectivo de mellora permanente e a identificación coa comarca.

COOPERACIÓN COS CONCELLOS E FONDOS COMUNITARIOS
5.- Creación do programa “Ourense provincia biosostible”, que axudará aos concellos a captar fondos do programa “Green Deal”, dotado con 1.000 millóns de euros.

SEGURIDADE PERSOAL E TECNOLOXÍA
6.- Aplicación “VOUCONTIGO”, para axudar á veciñanza en situación de risco por maltrato, asalto ou agresión sexual. Ante unha potencial situación de emerxencia ou risco para a vítima, un grupo de contactos predefinidos da persona agredida terá coñecemento inmediato do problema.

VIVENDA E DEMOGRAFÍA
7.- Plataforma informática provincial, en colaboración cos concellos, como escaparate de vivendas en disposición de ter vida no rural (para alugar ou vender).

MAPA PROVINCIAL DE EMERXENCIAS
8.- Obxectivo de funcionamento dos GES: aplicar en 2021 a porcentaxe de financiamento (Xunta de Galicia, 52,5 %; Deputación 40 %; e concellos 7,5 %) aos custos reais anuais .

SEGURIDADE VIARIA NOS CENTROS ESCOLARES
9.- Converter a rede viaria provincial nunha vía escolar segura (Preto de 30 CEIP teñen acceso directo a vías provinciais).

RACIONALIZACIÓN ADMINISTRATIVA
10.- Metodología “Lean” aplicada á simplificación administrativa e reenxeñería de servizos da Deputación, en consonancia cos traballos da carta de servizos e co liderado nacional en transparencia dos gobernos provinciais.


Suscíbete:
Redes Sociales: