Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os senadores populares alertan da nula xestión e ineficiencia do Goberno de Sánchez co Ingreso Mínimo Vital nun momento de máxima necesidade

Imprimir ppou - 07-Novembro-2020 - 11:51:03 


• Das 5.066 solicitudes cursadas na provincia de Ourense a 31 de agosto, só foran aprobadas 1.026 (25 %) e rexeitadas 1.460 (28,8 %) aboándose tan só 74 (1,4 %)

• “Estamos ante unha desidia e falta de xestión sen precedentes dun Goberno irresponsable e ineficaz, que xoga a facer márketing coas necesidades máis urxentes das familias que máis precisan axuda e que tiñan as súas esperanzas no tan anunciado e propagandístico Ingreso Mínimo Vital”, sinalan os senadores do PP de Ourense, Jesús Vázquez, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández

• “Se desde un primeiro momento o Goberno de Sánchez e Iglesias deixasen nas mans das comunidades autónomas a tramitación desta axuda, como é o caso da Xunta coa RISGA, non teríamos chegado a unha situación tan deprimente, caótica e frustrante no peor momento posible”, sinalan os senadores populares

7, novembro, 2020.

O pasado 11 de setembro, os senadores do PP de Ourense Jesús Vázquez, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández, presentaron unha serie de preguntas respecto ao Ingreso Mínimo Vital. Así, solicitaron que se lles indicase o número de persoas censadas en cada un dos 92 municipios da provincia de Ourense que solicitaron esta axuda e a cantas se lle concederon. Tamén solicitaron saber cantas persoas tenen dereito a percibir o IMV segundo os parámetros fixados polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones.

A resposta a estas preguntas, recibida en varios días diferentes e con cifras nalgúns casos desactualizadas, amosa un panorama desolador: das 5.022 solicitudes rexistradas na provincia de Ourense (non ofrecen desglose por municipios), só foron pagadas 74 a día 31 de agosto (segundo informaron en resposta escrita o 26 de outubro), supoñendo así un 1,4 % do total.

De todas as solicitudes, segundo a documentación aportada o 29 de outubro en resposta escrita, só foron aprobadas en Ourense un total de 1.026 solicitudes (25 %) e rexeitadas 1.460 (28,8 %).

“Estamos ante unha desidia e falta de xestión sen precedentes dun Goberno irresponsable e ineficaz, que xoga a facer márketing coas necesidades máis urxentes das familias que máis precisan axuda e que tiñan as súas esperanzas no tan anunciado e propagandístico Ingreso Mínimo Vital”, sinalan os senadores do PP de Ourense, Jesús Vázquez, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández.

“Se desde un primeiro momento o Goberno de Sánchez e Iglesias deixasen nas mans das comunidades autónomas a tramitación desta axuda, como é o caso da Xunta coa RISGA, non teríamos chegado a unha situación tan deprimente, caótica e frustrante no peor momento posible”, sinalan os senadores populares.


Suscíbete:
Redes Sociales: