Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Manuel Baltar: “Casado deixou ben claro que o PP é a única alternativa de goberno, como xa demostraron os galegos en xullo”

Imprimir ppou - 23-Outubro-2020 - 18:39:49 


• Agora, “mentres o Goberno de Feijóo está centrado nos problemas reais dos galegos para superar esta crise sanitaria, económica e social”, o PP nacional ten, para Manuel Baltar, a obriga de liderar unha oposición “na que xa fumos quen de liderar a rebelión dos alcaldes e presidentes de deputacións  fronte á tentativa do Goberno de requisar os aforros das administracións locais”.

23, outubro, 2020.

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, afirmou hoxe que o presidente nacional, Pablo Casado, “deixou ben claro que o PP é a única alternativa de goberno fronte ao executivo de Sánchez e Iglesias, con Abascal como o seu socio na sombra, como xa demostraron os galegos en xullo optando de xeito maioritario pola moderación e o reformismo”.

Manuel Baltar destacou que o “non” do PP onte no Congreso “é o <non> da maioría dos españoles, que non se sinten representados por un goberno socialcomunista, independentista e batasuno, como tampouco polo extremismo dos asinantes da moción de censura, que representan á dereita que máis lle gusta á esquerda para atacar ao PP”.
  
Para o presidente dos populares ourensáns, “a moción non era contra o Goberno, senón contra o PP, porque Sánchez precisa de Abascal para sobrevivir, para manter a súa ofensiva contra o Partido Popular, facendo oposición desde as bancadas azuis, conscientes de que somos a única alternativa real de goberno”. Nun discurso cualificado de “excelente”, Manuel Baltar asegurou que “Casado marcou o camiño que ten que seguir o centro dereita para recuperar máis pronto que tarde o timón de España, rematando coa nefasta etapa que representan Sánchez, Iglesias e os seus socios de investidura”.

Os galegos “xa dixeron en xullo cal era a liña a seguir -lembrou Baltar- escollendo cunha rotunda e cuarta maioría absoluta consecutiva a un partido reformista, centrista e moderado, alonxando do Parlamento galego as estridencias e leas partidistas de Podemos e das Mareas e dicindo o primeiro non ao partido de Abascal, cuxo único proxecto para Galicia era restar ao PP”.

Agora, “mentres o Goberno de Feijóo está centrado nos problemas reais dos galegos para superar esta crise sanitaria, económica e social, sen preocuparse como Sánchez polo reparto de cotas de poder e comprando apoios con cesións de todo tipo”, o PP nacional ten, para Manuel Baltar, a obriga de liderar unha oposición “na que xa fumos quen de liderar a rebelión dos alcaldes e presidentes de deputacións  fronte á tentativa do Goberno de requisar os aforros das administracións locais”.


Suscíbete:
Redes Sociales: