Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP de Ramirás esixe a posta en marcha inmediata das axudas para autónomos e pemes aprobadas en pleno

Imprimir ppou - 19-Outubro-2020 - 14:40:28 


• Co apoio do BNG e a abstención do grupo socialista de goberno, a liña de axudas a fondo perdido ten unha contía aproximada de entre 70.000 e 90.000 euros, que se poden habilitar con cargo ao remanente de tesourería, explicou o portavoz do PP, Juan Carlos Rodríguez, para quen a falta de apoio por parte da alcaldesa socialista, Isabel Gil, “é unha mostra do escaso ou nulo interese que os gobernos que se fan chamar progresistas e de esquerdas teñen por contribuír á reactivación da economía”.

19, outubro, 2020.

O Partido Popular de Ramirás esixe ao grupo de goberno do PSOE que poña en marcha de xeito inmediato as axudas para autónomos e pemes que foron aprobadas no pleno do pasado mes de setembro, iniciativa que partiu do propio grupo popular e que contou co apoio do representante nacionalista, mentres que o equipo de goberno da socialista Isabel Gil se abstivo. “Unha mostra do escaso ou nulo interese que os gobernos que se fan chamar progresistas e de esquerdas teñen por contribuír á reactivación da economía”, criticou o portavoz do PP, Juan Carlos Rodríguez. 

A liña de axudas a fondo perdido ten unha contía aproximada de entre 70.000 e 90.000 euros, que se poden habilitar con cargo ao remanente de tesourería, explicou Rodríguez. “A actividade económica é esencial para o futuro de Ramirás, un dos concellos da comarca onde están establecidos máis autónomos e pequenos empresarios, polo que entendimos que se debía dar prioridade a estes veciños antes que as obras”, sinalou o portavoz municipal. “Así o entendeu tamén o edil do BNG cando pedimos unas axudas directas, compatibles con outras subvencións e de fácil resolución, como por exemplo o pagamento do recibo de autónomos ou a exención de tributos mancomunados”.

Juan Carlos Rodríguez lembrou as graves consecuencias económicas que está a provocar a pandemia, “polo que é a nosa obriga axudar ás persoas que xeran emprego e riqueza no noso concello, o que non quere entender o PSOE, que coa alcaldesa á fronte se abstivo neste importantísimo asunto, seguindo a liña emprendida polo seu secretario provincial, o señor Villarino, que tamén torpedea este tipo de axudas”.

O portavoz do PP tamén achacou “á incompetencia e irresponsable xestión da alcaldesa” as graves deficiencias no abastacemento municipal, con cortes continuos no subministro, auga sen a mínima calidade e “un reparto de auga embotellada con criterios moi pouco serios”.

Diante desta situación e no citado pleno, o Partido Popular presentou outra moción, tamén aprobada co apoio do BNG, “para que non se cobre a taxa, nin imposto ou canon da auga no segundo semestre do 2020”. “O servizo foi nulo, con graves deficiencias e se puxo en perigo a saúde pública co comportamento da alcaldesa”, denunciou Rodríguez.


Suscíbete:
Redes Sociales: