Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O Senado aproba unha moción do popular Miguel Ángel Viso para axilizar a tramitación e cobro das axudas para a renovación de alumeado público

Imprimir ppou - 15-Outubro-2020 - 18:24:10 


• A iniciativa ten como obxectivo acabar coa demora de ata dous anos que afecta ao programa de eficiencia e aforro enerxético do IDAE, que está a provocar importantes tensións de tesourería nos pequenos concellos, máxime cando na actualidade as entidades locais vense na obriga de destinar fondos para paliar as consecuencias económicas e sociais da Covid-19.

15, outubro, 2020.

A Comisión de Transición Ecolóxica do Senado aprobou hoxe unha moción do Partido Popular na que se solicita a adopción de medidas para axilizar a tramitación e cobro da parte subvencionable, adiantada polos concellos, das axudas para a renovación do alumeado público, concedidas polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). A proposta, presentada e defendida polo senador popular ourensán Miguel Ángel Viso, ten como obxectivo acabar coa demora de ata dous anos que afecta a este programa e que provoca importantes tensións de tesourería nos pequenos concellos, máxime cando na actualidade as entidades locais vense na obriga de destinar fondos para paliar as consecuencias económicas e sociais da Covid-19.

Na defensa da súa proposta, Miguel Ángel Viso subliñou que a eficiencia e o aforro enerxético constitúen hoxe un obxectivo prioritario para as administracións, en particular no tocante ao alumeado público onde España rexistra un dos maiores gastos por habitante e ano dentro da Unión Europea. “Un dos puntos máis sensibles desta situación radica nos concellos rurais, xa que o consumo eléctrico deste servizo representa un custo moi importante para as arcas municipais, debido ao elevado número de puntos de luz e gran dispersión entre eles”, sinalou o deputado ourensán.

Dado o potencial aforro enerxético que pode alcanzar ata un 65 % do consumo e custos actuais, moitos concellos decidiron solicitar as axudas que o IDAE concede para a renovación das instalacións de alumeado público mediante a tecnoloxía LED, traballos que requiren un elevado investimento en relación coa capacidade de gasto anual das entidades locais no rural.

Non obstante, destacou Miguel Ángel Viso, a tramitación do programa por parte do IDAE é moi lenta, de tal xeito que “nalgúns casos desde que se tramita a solicitude ata que se pode iniciar a contratación pasan máis de dous anos, e unha vez executada e pagada a obra os conocellos teñen que esperar moito tempo para cobrar a parte subvencionable que deben aportar, en ocasións ata un 20 % do orzamento anual, o que provoca importantes tensións de tesourería”.

Esta situación, engadiu, ten hoxe un maior relevo como consecuencia da pandemia, “posto que os pequenos concellos teñen que derivar moitos recursos á loita contra a Covid-19 e para paliar as consecuencias económicas e sociais que está a provocar”.

En consecuencia, na moción presentada polo senador popular e aprobada na comisión da Cámara Alta se solicita “a adopción das medidas oportunas co fin de axilizar as tramitacións, previa á contratación, dos expedientes do programa de axudas para a renovación de alumeado público concedidas polo IDAE”, ademais de “activar os medios técnicos que permitan incorporar as xustificacións para tramitar o cobro da parte subvencionable, xa adiantada polos concellos”.


Suscíbete:
Redes Sociales: