Noticias
Blog
Os axentes culturais de Ourense fíxanse como obxectivo o nomeamento de Cidade Europea da Cultura en 2020
O derradeiro dos encontros sectoriais da presente temporada, adicado ao mundo da Cultura, desenrolouse onte no Hotel Francisco II da cidade, pechando así un novedoso e ilustrativo ciclo adicado a realizar un diagnóstico especializado e transversal da situación da provincia. Medio centro de persoas ligadas ao mundo da Cultura ourensá foron partícipes desta iniciativa, na que se destacou o reto de acadar o nomeamento de Cidade Europea da Cultura para Ourense no ano 2020.
O deputado autonómico Miguel Santalices foi o encargado de presentar este acto, que estivo presidido polo candidato popular á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, quen salientou a importancia deste tipo de actos, consistentes en mesas sectoriais especializadas nas que procurar e poñer ideas en común. Subliñou que os partidos políticos son correa de transmisión das inquietudes dos cidadáns, e desempeñan un partido crucial. "As organizacións políticas sempre se fortalecerán máis canto máis da man vaian dos cidadáns. Canto maior sexa o seu arraigo e compromiso, mellor labor desenvolverán", recalcou Rosendo Fernández.
Apuntou asimesmo un diagnóstico: en Ourense non existe industria cultural, idea que xa se lanzou nunha das mesas sectoriais desenroladas con anterioridade durante esta tempada. Nembargantes, tamén se fixo eco de que o nivel cultural de Ourense é claramente espectacular, o cal resulta, cando menos, significativo. Como exemplo, Rosendo Fernández botou de menos un museo adicado á Xeración Nós, unha grande débeda desta cidade co seu legado cultural.
O obxectivo primordial desta iniciativa foi recoller propostas viables para mellorar a situación do sector cultural. Alí se abordou a necesidade de potenciar a cultura musical da provincia (o director da Real Banda de Gaitas da Deputación, Xosé Luis Foxo, así o puxo de manifesto), de poñer en valor o patrimonio arquitectónico e artístico ourensán, ou mesmo acadar ubicacións adecuadas para iniciativas coma o Museo das Cornamusas ou ben para o Museo do Ferrocarril. Precisamente os museos son unhas das institucións que precisan unha maior achega de recursos, tal e como se puxo de manifesto no encontro.
Durante o transcurso do acto, púxose de manifesto un certo malestar pola indefinición manifesta do proxecto cultural plantexado no edificio do Banco de España, lamentando a falla dunha maior concreción nos térmos desta cesión, na que só se adicará unha planta do inmoble a usos estrictamente culturais, sen definir a súa natureza. De feito, Ourense é a única cidade de España que non recuperou o uso completo deste edificio emblemático. Non faltaron tampouco as críticas cara a lamentable situación do Claustro de San Francisco, a conservación da Catedral ou mesmo a Capela dos Remedios, arrasada por un incendio, tal e como recordaron asistentes como foi o caso do profesor Afonso Vázquez Monxardín, entre outros.
Un dos participantes, o profesor José Paz, recordou que o seu máximo desexo e que a súa Biblioteca Tagore, con máis de 30.000 exemplares e considerada a mellor do mundo, permaneza en Ourense. José Paz recalcou que cedería gustoso gratuitamente este traballo documental de máis de 45 anos, así como a súa videoteca persoal, a mellor de Galicia.
Por último, púxose sobre a mesa a necesidade de potenciar o chamado "Espíritu da Ourensanía", núcleo fundamental para que a cultura que se faga dende esta provincia se valorice da man do legado de Ourense no mundo enteiro, poñendo así en valor á "Atenas da Cultura", sentándose así as bases dunha corrente de cambio na que é necesaria a implicación de tódolos axentes sociais, culturais, empresariais, políticos e económicos.