Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 A Xunta Electoral condea a Villarino por facer propaganda electoral no día de reflexión das eleccións autonómicas

Imprimir ppou - 08-Outubro-2020 - 18:35:19 


• A resolución recolle que Villarino non cuestinou en ningún momento “que el fose o autor da mensaxe (…) limitándose a sinalar que estas manifestacións eran atípicas”, destacando que de non ser o autor “é evidente que tería que ter denunciado a suplantación de identidade, situación que non se produciu”.

• Para o secretario xeral do PP de Ourense, Rosendo Fernández, “a xunta electoral é meridianamente clara cando afirma que <pouca dúbida podemos albergar> sobre a vulneración da normativa electoral”, destacando “a ignorancia política, ou mala fe, que demostra Villarino, o mesmo que aspira a gobernar o concello ourensán”.

8, outubro, 2020.

A Xunta Electoral de Zona de Ourense ven de emitir unha resolución na que condea ao secretario provincial do PSdeG-PSOE e portavoz na Deputación e no Concello de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, por facer propaganda electoral a través das súas redes sociais durante a xornada de reflexión das eleccións autonómicas do 12 de xullo. A Xunta Electoral imponlle unha multa de 500 euros, “pero o esencial desta resolución non é a contía económica, senón a ignorancia política, ou mala fe, que demostra o señor Villarino, o mesmo que aspira a gobernar o concello ourensán”, valorou o secretario xeral do Partido Popular, Rosendo Fernández.

O acordo da Xunta Electoral de Zona de Ourense, adoptado o pasado día 5 deste mes, ratifica a proposta de resolución, cualificación xurídica e sanción formulada por este mesmo órgano o 4 de setembro, considerando que Rodríguez Villarino vulnerou o artigo 53.2 da Lei Órganica de Réxime Electoral General (LOREG).

Os feitos que a Xunta Electoral considera probados ocorreron o 11 de xullo, xornada de reflexión nas eleccións ao Parlamento de Galicia, día no que Rodríguez Villarino publicou nas súas redes sociais unha mensaxe na que dicía “crónica da demolición da sanidade pública por parte de Feijóo. Lembrádeo o domingo, e apoiade o cambio para non padecer outros 4 insoportables anos de retrasos nas citas, recortes, privatizacións laborais, abandono do rural e perdas de dereitos”.

A resolución recolle entre outros aspectos que “en ningún momento se cuestionou por parte do alegante (Villarino) que el fose o autor da mensaxe (…) limitándose a sinalar que estas manifestacións eran atípicas”, engadindo que de non ser o autor “é evidente que tería que ter denunciado a suplantación de identidade, situación que non se produciu”.

Por máis que Villarino entenderá que non fixo unha petición expresa de voto, di a XEZ, “o certo é que as palabras falan por si soas”. Do contrario, sinala, o secretario provincial socialista “debería xustificar a que cambio se refería e que entendía debía producirse o domingo”, día no que se celebraron as eleccións.

“Estamos claramente ante un acto que ten a consideración de propaganda electoral”, continúa a resolución, “unha acción tendente a persuadir ao cidadán a que remita o seu voto a favor dunha agrupación política concreta e dirixida a disuadir o voto a un candidato contrario, todo elo estando en xornada de reflexión”.
 
ROSENDO FERNÁNDEZ: “ESTES SON OS AVAIS DO CANDIDATO QUE ASPIRA A GOBERNAR O CONCELLO DE OURENSE”.

Para o secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, “a xunta electoral é meridianamente clara cando afirma que <pouca dúbida podemos albergar> sobre a vulneración da normativa electoral”. Fernández subliñou que o esencial desta resolución non é a contía económica da multa, senón “a ignorancia política, ou mala fe, que demostra o señor Villarino, un persoeiro que despreza a legalidade e que mesmo pensaba ter a razón cualificando as súas manifestacións como atípicas”.

A gravidade deste asunto, engadiu, “radica no feito de que as leis están feitas para o seu cumprimento por parte de todos os cidadáns, pero o señor Villarino se salta as normas como lle dá a gana, demostrando que non lle importan as regras do xogo democrático e moito menos nunhas eleccións”. Neste sentido lembrou outro expediente aberto contra o representante socialista pola colocación dun valo publicitario na rúa Marcelo Macías da cidade, onde en plena campaña electoral e utilizando recursos públicos o PSdeG-PSOE insultaba de xeito anónimo –autoría confirmada despois por unha acta da Xunta Electoral- a representantes de institucións públicas de Ourense e Galicia elixidos democráticamente. Ademais, dixo Rosendo Fernández, “a ninguén se lle esquece a súa actitude destrutiva poñendo en dúbida a legalidade das axudas da Deputación de Ourense aos autónomos e pemes, utilizando para este fin partidista a organismos públicos como a Subdelegación do Goberno e ao seu titular”. 

“Estes son os avais do candidato que aspira a gobernar o Concello de Ourense”, afirmou o secretario xeral, preguntándose “se o PSOE non ten mellores políticos locais para propoñer como alcalde”.


Suscíbete:
Redes Sociales: