Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os deputados ourensáns demandan ao Goberno a inmediata licitación do tramo Eirasvedras-Quintela da variante de Ourense

Imprimir ppou - 07-Outubro-2020 - 14:21:32 


• Os representantes do PP no Congreso afirman que non hai escusas para impulsar a variante norte e dotala de partidas no proxecto de orzamentos do Estado para 2021.

7, outubro, 2020.

Os deputados do Partido Popular pola provincia de Ourense, Celso Delgado e Ana Vázquez, presentaron diversas iniciativas parlamentarias no Congreso instando o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) á adopción de decisións efectivas e concretas para impulsar a variante de Ourense, entre elas a dotación de partidas orzamentarias no proxecto de lei de PGE para 2021.

Lembran os deputados que o pasado 23 de setembro, durante a posta en servizo do tramo San Martiño-A Barrela da autovía A-56 (Ourense-Lugo), o secretario xeral de Infraestruturas do ministerio, Sergio Vázquez, “non fixou un compromiso explícito co resto dos tramos pendentes, falando de xeneralidades e só cunha referencia a que se priorizarían os tramos máis próximos á capital ourensá e con máis circulación -é dicir a variante de Ourense- pero sen expresar prazos”. 

Celso Delgado e Ana Vázquez advirten que “esta exasperante desidia e falta de compromiso ministerial non ten relación algunha coa crise económica derivada da pandemia, xa que as dilacións veñen de lonxe”. A situación económica actual e as prioridades ocasionadas pola Covid-19, engadiron, “van prexudicar moitos investimentos xa programados, pero non é de recibo que afecten a aquelas máis necesarias e que levan tanto tempo de espera”, como a Variante de Ourense, sen esquecer que a obra pública é unha panca fundamental para o relanzamento da economía, polo que o Goberno de Sánchez non debe deixar de licitar actuacións xa maduras como o tramo Eirasvedras-Quintela.
 
EIRASVEDRAS-QUINTELA.

Nunha iniciativa parlamentaria, os deputados poñen de manifesto que un tramo especialmente listo para licitar as obras é a ligazón de Eirasvedras coa  N-120 (p.q. 573+800-ligazón de Quintela coa N-120 no p.q. 572,000). Un tramo urbano que de executarse solucionaría os problemas de circulación nun punto de alta intensidade de tráfico, posibilitado ademais o proxecto municipal de conversión dese espazo da N-120 nun bulevar termal.

O proxecto de construción do tramo, sinalan, foi aprobado pola Dirección Xeral de Estradas o 22 de abril de 2019 cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros, mentres que o BOE do 21 de novembro de 2019 publicou o anuncio do MITMA de sometemento a información pública previa á ocupación de bens e dereitos afectados. Un trámite que non condiciona de ningún xeito a licitación, pero que xa vencidos nove meses de 2020 segue sen materializarse. “Unha situación indignante que acredita un evidente desprezo aos ourensáns”, afirman os deputados.

Por iso instan o Goberno a que antes de finalizar este ano liciten o contrato de obras do tan prioritario tramo da autovía A-56 entre Eirasvedras e Quintela.

QUINTELA-A CASILLA.

Noutra iniciativa parlamentaria do 21 de febrero, Delgado e Vázquez formularon unha pregunta ao Goberno sobre a data de conclusión da redacción do proxecto de construción do tramo-enlace de Quintela coa N-120, ata a ligazón da Casilla coa N-525.

O 2 de abril de 2020, o Goberno respondeulles “que se atopa en fase de redacción e que non podía dar unha data concreta de finalización destes traballos, xa que dependía da supervisión e correccións que puidesen ser precisas nas sucesivas versións do proxecto”.

Unha resposta decepcionante pois noutra anterior dada o 4 de marzo de 2019, o Ministerio dicía "que o proxecto do tramo Quintela-A Casilla, atópase nunha fase moi avanzada de redacción e tan só pendente da auditoria de seguridade viaria".

Esta auditoría, subliñan os deputados populares, aprobouse en abril de 2019 “e por tanto, que dezanove meses despois siga sen aprobarse o proxecto de construción por parte do MITMA, só pode explicarse por unha enorme desidia e falta de compromiso co impulso a este tramo da variante”.

En consecuencia, instan o Goberno a que antes de que finalice 2020 conclúa a redacción do proxecto de construción do tramo prioritario da autovía A-56 entre Quintela e A Casilla.


Suscíbete:
Redes Sociales: