Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os senadores do PP de Ourense rexeitan o desprezo do Goberno de Sánchez co seguimento e control das obras da Estación Intermodal

Imprimir ppou - 17-Septembro-2020 - 16:04:34 


• Os senadores ourensáns Jesús Vázquez, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández rexistraron unha pregunta o 28 de maio na que solicitaban a data na que o Goberno de España tiña previsto reunir a comisión de seguimento do convenio marco de colaboración (asinado o 22 de xuño de 2016) entre o Ministerio, a Xunta, o Concello e ADIF, para o desenvolvemento da futura Estación Intermodal de Ourense.

• A resposta recibida onte mesmo a esta pregunta (tres meses e medio despois) supón unha absoluta falta de respecto a Ourense: “La Comisión de seguimiento se podrá celebrar en el momento que se considere más adecuado, en función del desarrollo de los trabajos y la situación de las instituciones firmantes del convenio”.

• Esta resposta evidencia, segundo os senadores ourensáns, “a escasa vontade do Goberno de Sánchez de asumir as obrigas que contempla o convenio marco, pois é a súa parte das obras a que nin está, nin se lle vislumbra data de inicio. O Ministerio que dirixe o señor Ábalos está a desprezar os intereses de Ourense, castigando á cidadanía sen a obra máis importante que estaba prevista nas últimas décadas. Coa súa actitude insolidaria estanse a rir de Ourense e das administracións que asinaron o convenio marco con eles”.

17, setembro, 2020.

Os senadores ourensáns Jesús Vázquez, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández rexistraron unha pregunta o 28 de maio na que solicitaban a data na que o Goberno de España tiña previsto reunir a comisión de seguimento do convenio marco de colaboración (asinado o 22 de xuño de 2016) entre o Ministerio, a Xunta, o Concello e ADIF, para o desenvolvemento da futura Estación Intermodal de Ourense.

A resposta recibida onte mesmo a esta pregunta (tres meses e medio despois), supón unha absoluta falta de respecto a Ourense: “La Comisión de seguimiento se podrá celebrar en el momento que se considere más adecuado, en función del desarrollo de los trabajos y la situación de las instituciones firmantes del convenio”. É dicir, non hai data, nin se espera que a haxa por parte do Goberno Central, para esta importante comisión que debe velar polo correcto desenvolvemento dos traballos. “Coa súa actitude insolidaria estanse a rir de Ourense e das administracións que asinaron o convenio marco con eles”

Esta resposta evidencia, segundo os senadores ourensáns, “a escasa vontade do Goberno de Sánchez de asumir as obrigas que contempla o convenio marco, pois é a súa parte das obras a que nin está, nin se lle vislumbra data de inicio. O Ministerio que dirixe o señor Ábalos está a desprezar os intereses de Ourense, castigando á cidadanía sen a obra máis importante que estaba prevista nas últimas décadas”.


Suscíbete:
Redes Sociales: